Estás en:Novas

A Teleasistencia da Deputación chega a 3.846 persoas e amplía a súa cobertura á cidade de Ferrol

A central de asistencia, situada na Coruña, funciona 24 horas ao día, os 365 días do ano e conta con 3.846 persoas usuarias activas en 90 concellos da provincia, a maioría delas mulleres de máis de 80 anos que residen soas no seu domicilio
Carballo, con 215 persoas usuarias, Narón (213), Malpica (127), Oleiros (125), Ferrol (119), Ribeira (108) e Arzúa (99) son os municipios da provincia que contan con maior número de usuarios do servizo de Teleasistencia

O servizo de Teleasistencia da Deputación é gratuíto e pode solicitarse a través dos servizos sociais dos municipios

A Teleasistencia da Deputación chega a 3.846 persoas e amplía a súa cobertura á cidade de Ferrol

Formoso e a deputada de Política Social, Mar García, visitaron a central de Teleasistencia da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada responsable da área de Política Social, Mar García Vidal, visitaron hoxe no polígono de Agrela (A Coruña) a central desde onde a institución provincial presta o seu servizo de Teleasistencia domiciliaria (TAD).

Formoso destacou que "a día de hoxe, a Teleasistencia da Deputación acompaña durante as 24 horas, os 365 días do ano, a 3.846 persoas maiores en 90 concellos da provincia, ofrecendo tranquilidade para elas e as súas familias".

"A última vez que visitei este centro, durante a pandemia, a Teleasistencia da Deputación atendía a 2.600 persoas. Hoxe son máis de 3.800 os usuarios e usuarias activas, ampliamos a cobertura á cidade de Ferrol e estamos despregando un novo servizo de Teleasistencia Avanzada, que xa utilizan preto de 200 persoas e que vai a ir substituíndo progresivamente o clásico colgante co botonciño vermello por un moderno reloxo que xa non está vinculado ao teléfono, o que permite maior autonomía e liberdade de movemento aos usuarios e novas funcionalidades como a xeolocalización, que son moi útiles en caso de caída ou accidente", explicou o presidente da Deputación.

Formoso destacou que "nunha provincia caracterizada polo envellecemento da poboación, especialmente no ámbito rural, é fundamental un servizo coma este" e incidiu en que "o noso obxectivo é seguir levando a Teleasistencia da Deputación cada día a máis persoas, como os 119 ferroláns e ferrolás que xa usan este servizo, do que estamos profundamente orgullosos porque sabemos que é útil e mellora a vida das persoas".

O presidente eloxiou tamén "o gran traballo que realizan as operadoras para acompañar aos nosos maiores que viven sós e dar tranquilidade ás súas familias, que saben que se pasa algo hai alguén pendente ao outro lado do botón vermello durante as 24 horas do día".

Durante a visita, Formoso realizou unha chamada de proba a Ramón, un usuario de Aranga que explicou a súa experiencia coa Teleasistencia da Deputación. "Estou moi contento co servizo, xa o tiven que usar unha vez cando me picou unha abella porque son alérxico, así que mandaron inmediatamente unha ambulancia", explicou o usuario.

Un servizo gratuíto a través dos servizos sociais dos concellos

A Teleasistencia da Deputación é gratuíta para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional. Calquera persoa pode acceder demandándoo a través dos servizos sociais do seu concello.

Carballo, con 215 persoas usuarias, Narón (213), Malpica (127), Oleiros (125), Ferrol (119), Ribeira (108) e Arzúa (99) son os municipios da provincia que contan con maior número de usuarios do servizo de Teleasistencia.

Preto dos usuarios

As teleoperadoras realizan todos os días arredor de 510 chamadas de control desde a central co obxectivo de interesarse sobre o estado de saúde da persoa usuaria ou lembrarlles a hora da medicación. O ano pasado, a central rexistrou un total de 186.281 chamadas.

Ademais, os usuarios e usuarias poden chamar á central durante as 24 horas no caso de emerxencias ou accidentes ou, simplemente, cando queiran falar coas operadoras.

A información de cada usuario ou usuaria queda rexistrada nun programa informático, co que se crea un expediente individualizado que permite un seguimento máis completo e eficaz.

Teléfono de información para solicitar a Teleasistencia Deputación: 900 533 027

NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS DA TELEASISTENCIA POR CONCELLOS E COMARCAS

CORUÑA/AS MARIÑAS

CONCELLO

PERSOAS USUARIAS

Abegondo

20

Aranga

12

Arteixo

85

Bergondo

66

Betanzos

47

Cambre

68

Carral

31

Coirós

23

Culleredo

91

Curtis

60

Irixoa

5

Miño

26

Oleiros

125

Oza-Cesuras

35

Paderne

27

Sada

76

Sobrado

15

Vilasantar

23

Total

835

BERGANTIÑOS/COSTA DA MORTE

CONCELLO

PERSOAS USUARIAS

Cabana de Bergantiños

25

Camariñas

35

Carballo

215

Cee

44

Cerceda

43

Corcubión

16

Coristanco

17

Dumbría

14

Fisterra

32

Laracha

38

Laxe

48

Malpica de Bergantiños

127

Muxía

31

Ponteceso

68

Vimianzo

49

Zas

27

Total

829

SANTIAGO

CONCELLO

PERSOAS USUARIAS

Ames

82

Arzúa

90

Baña (A)

22

Boimorto

28

Boqueixón

34

Brión

14

Dodro

8

Frades

5

Melide

99

Mesía

9

Negreira

40

Ordes

13

Oroso

35

Padrón

36

Pino (O)

39

Rois

23

Santa Comba

53

Santiso

12

Teo

87

Toques

10

Tordoia

14

Touro

28

Trazo

9

Val do Dubra

10

Vedra

4

Total

804

BARBANZA

CONCELLO

PERSOAS USUARIAS

Boiro

92

Carnota

23

Lousame

18

Mazaricos

22

Noia

42

Outes

69

Pobra do Caramiñal (A)

48

Porto do Son

28

Rianxo

82

Ribeira

108

Total

532

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

CONCELLO

PERSOAS USUARIAS

Ares

6

Cabanas

24

Capela (A)

7

Cariño

46

Cedeira

55

Cerdido

8

Fene

55

Ferrol

119

Mañón

12

Moeche

7

Monfero

21

Mugardos

38

Narón

213

Neda

18

Ortigueira

69

Pontedeume

21

Pontes de García Rodríguez (As)

42

San Sadurniño

26

Somozas (As)

8

Valdoviño

49

Vilarmaior

2

Total

846

 Total persoas usuarias

3.846