Estás en:Novas

Cen nenos e nenas dos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal participaron en Asturias na Campaña de Esquí da Deputación

Nenos e nenas de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño estiveron esta semana na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias)

Cen nenos e nenas dos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal participaron en Asturias na Campaña de Esquí da Deputación

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño participaron esta semana na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) na segunda quenda da Campaña de Esquí 2024, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante estes días, os escolares tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

Mañá venres, 26 de xaneiro, partirá a terceira quenda con outros cen rapaces das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte.

En total, 600 nenos e nenas viaxarán nas vindeiras semanas a Asturias coa Deputación para gozar do esquí. O deputado de Deportes, Antonio Leira, viaxará coa cuarta quenda, a principios do mes de febreiro.