Estás en:Novas

Formoso analizou cos voluntarios de Protección Civil as vías de colaboración que lles ofrece a Deputación

Nos últimos anos, a Deputación foi adaptando as liñas de subvencións ás necesidades específicas das agrupacións de Protección Civil, permitíndolles dotarse de materiais e ferramentas e mellorar a súa formación

Formoso analizou cos voluntarios de Protección Civil as vías de colaboración que lles ofrece a Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse con representantes da Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil co fin de analizar as vías de colaboración cun colectivo que presta "un servizo esencial". Para desenvolver ese traballo, os voluntarios contan co apoio da Deputación, que nos últimos anos foi adaptando ás súas necesidades específicas ás liñas de subvencións. A través delas, véñense financiando adquisicións de materiais e ferramentas, como tamén programas de formación.

En 2023, a Deputación financiou a un total de 20 agrupacións de Protección Civil de concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia (Ames, Betanzos, Boiro, Carnota, Curtis, A Laracha, Muxía, Negreira, Val do Dubra e Vimianzo, Ribeira, Dumbría, Carballo, Bergondo, Muros, Boimorto, A Pobra, Mazaricos, Ares e Abegondo) a adquisición de novos equipos de comunicacións ou scooters para os seus desprazamentos, ademais doutras 17 que recibiron axudas de entre 2.200 e 6.600 euros tanto para dotar de material ás agrupacións como para mellorar a formación dos voluntarios e voluntarias en cuestións como prevención e atención a urxencias e emerxencias, manexo de radio ou pilotaxe de drons.

En 2024, a Deputación destina nos seus orzamentos 190.000 euros para apoiar o traballo das agrupación de Protección Civil da provincia da Coruña.