Estás en:Novas

EUROPE DIRECT A Coruña organiza a xornada “A representación das mulleres nas Institucións Europeas”

A xornada, que erá lugar o vindeiro venres, 1 de marzo, servirá para intercambiar boas prácticas e reforzar o liderado inclusivo na sociedade europea.
Este encontro conta coa participación da Asociación de Mulleres no Sector Público, unha asociación que aglutina mulleres empregadas públicas co obxectivo de dar maior visibilidade ao seu traballo e talento.

EUROPE DIRECT A Coruña organiza a xornada “A representación das mulleres nas Institucións Europeas”

O centro EUROPE DIRECT A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente a Deputación da Coruña, organiza xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Público a xornada "A representación das mulleres nas Institucións Europeas" o vindeiro venres, 1 de marzo.

Este encontro ten como obxectivo visibilizar o liderado feminino nas Institucións Europeas, avaliar a igualdade nos postos de mando en todos os ámbitos da sociedade así como o intercambio de boas prácticas que aborden o equilibrio de xénero nos postos directos en administracións públicas locais e europeas.
A xornada iniciarase coa intervención de Mónica Rodríguez, deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais, Ana Ramos, secretaria da Xunta directiva da Asociación de Mulleres no Sector Público e Amparo Taboada, secretaria xeral da Deputación da Coruña.

A continuación, trataranse as accións clave das Institucións Europeas e a presenza das mulleres expertas no espazo público europeo da man de Patrícia Silveira, xefa da Unidade de Estratexia e Relacións Exteriores de Europol, Beatriz Yordi, directora Xeral da Dirección Xeral de Acción polo Clima e Adela Rey, xefa de equipo de negociación con terceiros Estados en materia de pesca da Dirección Xeral de Asuntos Maríticos e Pesca da Comisión Europea.

Esta xornada está dirixida ás socias da Asociación de Mulleres no Sector Público e aquelas mulleres interesadas en participar neste encontro.
Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónicoeuropedirect@dacoruna.gal ou ben, no número de teléfono 981 080 331. Hai tamén máis información dispoñible na seguinte páxina web: https://dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/jornada-la-representacion-de-las-mujeres-en-las-instituciones-europeas/