Estás en:Novas

O contacontos ‘Kalopsia’ percorre quince concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil

• As paradas serán en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame
• A actividade forma parte da programación de EUROPE DIRECT A Coruña para a rede 'Europa no teu Concello'
• As funcións contan con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade

O contacontos ‘Kalopsia’ percorre quince concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil

O contacontos Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince puntos da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse nos concellos de Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.
Coñece Europa con Kalopsia é un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen.
A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espazo exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.
Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
Para máis detalles sobre a asistencia é preciso contactar cos concellos. Tamén hai información xeral na páxina web https://dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/conoce-europa-con-kalopsia-cuentacuentos/