Estás en:Novas

Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron na novena edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

O SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor das categorías absolutas feminina e masculina, mentres que o podio de menores estivo encabezado na categoría feminina polo club de atletismo Noia e na masculina pola Asociación Deportiva Olimpia

Elena Veres Ojea e Amador Pena, ambos da SD Compostela, foron os gañadores nas categorías absolutas feminina e masculina

O deputado de Deportes, Antonio Leira, participou hoxe na entrega de premios e destacou a gran participación que rexistraron as 30 carreiras

A Deputación e a Federación Galega de Atletismo traballan xa na décima edición do Circuíto, que contará con 35 carreiras, das que 5 se realizarán en concellos que aínda non acolleron probas, como son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño

Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron na novena edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

A Deputación e a Federación Galega de Atletismo colaboraron, de novo, na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses ao longo do ano pasado.

Antonio Leira felicitou ás gañadoras e aos gañadores das de cada unha das probas e agradeceu "a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades".

Ao tempo, o deputado provincial indicou que "a vindeira edición do Circuíto de Carreiras Populares, xa a décima, contará con 35 probas, das que cinco terán lugar en municipios que non acolleran aínda o circuíto en anos anteriores, o que indica que cada vez estamos chegando a máis recunchos de toda a provincia". Eses concellos que se unen ao circuíto este ano son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño.

Por último, Leira incidiu en que "desde a área de Deportes da Deputación, agardamos incrementar os 15.000 participantes desta última edición".

Nesta edición do circuíto proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina Amador Pena, e na feminina Elena Veres Ojea, ambos do SD Compostela Atletismo.

No podio por equipos, o SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. O Club Atletismo Sar clasificouse segundo na categoría masculina e feminina e o Club Atletismo Tambre foi o terceiro clasificado na categoría masculina, mentres que a Asociación Deportiva Olimpia quedou terceira na feminina.

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, a Asociación Deportiva Olimpia e a SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron os da Asociación Deportiva Olimpia, o Club Atletismo Tambre e a SD Compostela Atletismo.

Na celebración desta gala tamén foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

CATEGORIA ABSOLUTA FEMENINA

1.- Elena Veres Ojea SD Compostela Atletismo

2.- María Tarrío Martínez SD Compostela Atletismo

3.- Elvira Tresguerras González CA Sar

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA

1.- Amador Pena Torreira SD Compostela Atletismo

2.- Marcos García Soñora CA Noia

3.- Manuel Castiñeiras Portos SD Compostela Atletismo

CLUBS ABSOLUTO FEMENINO

1.- SD Compostela Atletismo 4488 puntos

2.- Club Atletismo Sar 2876 puntos

3.- Asociación Deportiva Olimpia 1983 puntos

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

1.- SD Compostela Atletismo 3244 puntos

2.- Club Atletismo Sar 2980 puntos

3.- Club Atletismo Tambre 1563 puntos

CLUBS MENORES FEMENINO

1.- Club Atletismo Noia 8113 puntos

2.-Asociación Deportiva Olimpia 3996 puntos

3.-SD Compostela Atletismo 2482 puntos

CLUBS MENORES MASCULINO

1.- Asociación Deportiva Olimpia 4919 puntos

2.- Club Atletismo Tambre 3181 puntos

3.- SD Compostela Atletismo 2059 puntos