Estás en:Novas

A Deputación recibe o RC Deportivo da Coruña tras o seu ascenso a segunda división

Valentín Formoso felicitou ao equipo polo "merecido ascenso", destacou a constancia e traballo do equipo e dunha afección que apoiou "nos momentos bós e nos momentos malos"

O presidente do Deportivo, Álvaro García, agradeceu "el apoyo que nos da la Deputación, el primer patrocinador institucional del Deportivo" e declarou que "el fútbol hizo justicia con esta plantilla y además quiso que el gol del ascenso lo marcase Lucas"

A Deputación recibe o RC Deportivo da Coruña tras o seu ascenso a segunda división

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a primeira recepción oficial á plantilla, corpo técnico e equipo directivo do Real Club Deportivo da Coruña tras a vitoria histórica de onte en Riazor fronte ao Barcelona B, que sitúa o equipo herculino en Segunda División do fútbol nacional.

Xogadores e corpo técnico ocuparon os escanos do Salón de Plenos, ateigado para a ocasión de público, que aplaudiu as distintas intervencións longo do acto, especialmente a de Lucas Pérez, autor do gol da vitoria.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, felicitou o equipo polo "merecido ascenso" e agradeceu aos xogadores o súa constancia, traballo e resiliencia "para facer realidade este soño de toda unha cidade, de toda unha provincia, que nos enche de orgullo".

"Damos un paso máis, un paso decisivo no noso camiño de volta á Primeira División", afirmou Formoso, que destacou a importancia tamén "da mellor afección do mundo, que partido tras partido enche Riazor, enche as rúas da cidade como fixo onte, e acompaña ao equipo nos momentos bós e nos momentos malos".

O presidente do RC Deportivo, Álvaro García, agradeceu "el apoyo constante que nos da la Deputación, el primer patrocinador institucional del Deportivo" e agradeceu en particular ao presidente da institución provincial o seu apoio: "Gracias por acompañarnos en el palco y por tus cariñosas palabras de ayer. No las olvidaré", afirmou o presidente do Deportivo, que declarou que "el fútbol hizo justicia a esta plantilla y además quiso que el gol del ascenso lo marcase Lucas".

Álvaro García destacou que o inmenso apoio social recibido nestes días "nos pone en deuda con toda la afición y nos anima a asumir nuevos retos" e manifestou que o Dépor leva desta tempada "unha lección deportiva e unha lección de vida".

Tamén falou o adestrador do equipo, Imanol Idiakez, que agredeceu á plantilla a súa "resiliencia, lucha y que creyeran en sí mismos". "Valores que transmite el club y que hoy nos hacen estar más cerca de dónde el Dépor debe estar", sostivo.

Lucas Pérez deu "las gracias de todo corazón como coruñés y como deportivista por esta acogida, por este recibimiento. Es una gran alegría estar aquí con toda esta tropa que se ha comportado de diez" e lembrou que "lloramos y sufrimos juntos, pero finalmente conseguimos el objetivo".