Estás en:Novas

Kakuzi Yamanishi e Kimberly García gañan o Gran Premio Cantones da Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou na entrega de premios aos gañadores da proba

Kakuzi Yamanishi e Kimberly García gañan o Gran Premio Cantones da Coruña

A peruana Kimberly García e o xaponés Kakuzi Yamanishi subiron hoxe a podio como vencedores da proba de 20 quilómetros da 38ª edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña, na que competiron hoxe máis de 200 atletas de 21 nacionalidades nas categorías masculina e feminina.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o concelleiro de Deportes da Coruña, Manuel José Vázquez e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, foron os encargados de entregar os premios aos gañadores nas diferentes categorías.

A carreira xerou unha gran expectación e foi seguida por numeroso público no centro da cidade ao longo de toda a tarde.

O podio feminino na categoría de 20 quilómetros estivo composto pola peruana Kimberly García, bicampioa mundial, seguida da mexicana Alegna González e a china Hong Liu.

Na categoría masculina, o gañador foi Kazuki Yamnishi, bronce olímpico en Tokio, seguido do español Álvaro Martín Uriol e o brasileiro Caio Bonfim.

O Gran Premio Cantones é unha proba histórica que se celebra na Coruña dende 1986 e conta co apoio da Deputación da Coruña.