Estás en:Novas

Formoso destaca na inauguración do congreso “O Camiño do Futgal” a puxanza do deporte coruñés

Esta fin de semana reúne na cidade herculina a persoeiros do mundo do deporte como Jorge Valdano, Toni Nada, Gemma Mengual e Montse Tomé

Formoso destaca na inauguración do congreso “O Camiño do Futgal” a puxanza do deporte coruñés

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta tarde en Palexco (A Coruña), na inauguración oficial do congreso "O Camiño do Futgal", organizado pola Real Federación Galega de Fútbol coa colaboración da institución provincial, entre outras administracións.

Formoso deu a benvida á provincia aos máis de 600 congresistas acreditados que veñen de diferentes puntos de España e destacou o excelente momento que está vivir o deporte coruñés, con equipos como o RC Deportivo, o Rácing de Ferrol ou o Básquet Coruña, así como a ampla rede de clubs de base que fomentan o fútbol entre os máis pequenos e que contan co apoio da Deputación "para facer realidade os soños deportivos de moitos nenos e nenas".

Durante esta fin de semana, o congreso reúne na cidade herculina a persoeiros do mundo do deporte como Jorge Valdano, Toni Nada, Gemma Mengual e Montse Tomé.