Marouanne Berradia e Jessica Velasco, gañadores da Samurai Xtreme Race das Pontes
A carreira de obstáculos contou con máis de 1.200 participantes
Marouanne Berradia e Jessica Velasco foron os gañadores na categoría élite masculina e feminina da Samurai Xtreme Race das Pontes, un dos grandes eventos deportivos da provincia que conta co apoio da Deputación da Coruña. A proba é clasificatoria para o campionato mundial de carreiras de obstáculos que se celebrará en outono en Mamooth Lakes, California (Estados Unidos).
O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os premios aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías nunha proba de 10 quilómetros e 60 obstáculos, na que participaron máis de 1.200 deportistas e cuxa participación feminina se incrementou este ano nun 40%.