Estás en:Novas

A bicicleta eléctrica, protagonista en Padrón como medio de transporte sostible nas rutas pola contorna do río Sar e o monte San Gregorio

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o alcalde Anxo Rei Arca participaron no evento, que se enmarca nas actividades vinculadas á chegada ao municipio de La Vuelta o vindeiro 28 de agosto

A bicicleta eléctrica, protagonista en Padrón como medio de transporte sostible nas rutas pola contorna do río Sar e o monte San Gregorio

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o alcalde, Anxo Rei Arca, participaron hoxe en Padrón nas 'Rutas en Bici Eléctrica'. O evento articulase a través de varias marchas non competitivas na que 60 persoas, circulan pola contorna do río Sar e o monte San Gregorio.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer á poboación do concello e da comarca o funcionamento das bicicletas eléctricas e, así, promover o seu uso. Os beneficios da bici de batería non só teñen que ver coas súas posibilidades como medio de mobilidade persoal sostible, xa que reduce a contaminación atmosférica e acústica, senón que tamén axuda a fomentar a práctica deportiva sen precisar dunha elevada condición física.

A iniciativa circunscríbese dentro das actividades vinculadas á 11ª etapa de La Vuelta a España. Unha das probas ciclistas máis importantes do mundo chegará á provincia o mércores 28 de agosto nunha etapa na que o Campus tecnolóxico Cortizo de Padrón será punto de saída e de chegada.