Estás en:Novas

A Deputación da Coruña organiza o 19 de outubro a I Carreira Camiños da Vía Verde

O evento, organizado pola Deputación da Coruña, constará de diferentes probas e distancias: unha carreira de 10 quilómetros, outras de 2 e 1 quilómetros, unha andaina de 5 quilómetros en ruta, e unha carreira de 400 metros para os máis pequenos

A Deputación da Coruña organiza o 19 de outubro a I Carreira Camiños da Vía Verde

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle será protagonista da proba de atletismo en ruta que organiza a Deputación da Coruña en colaboración coa Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle e o Club Atletismo Tambre. A ruta verde, construída sobre o antigo ferrocarril, acollerá o vindeiro 19 de outubro a I Carreira Camiños da Vía Verde.

A Vía Verde que impulsou a Deputación da Coruña acadou o obxectivo de crear un itinerario de sendeirismo e cicloturismo sobre a antiga liña do ferrocarril que une os municipios de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda. Agora será o escenario de probas deportivas como a que terá lugar en outubro e que esperar atraer a milleiros de afeccionados ao atletismo.

De feito, o evento constará de diferentes probas e distancias. Haberá unha carreira de 10 quilómetros, outra de 2 quilómetros e unha de 1 quilómetro. Para os máis pequenos a distancia será de 400 metros. E, por outra banda, terá lugar unha atractiva andaina popular de cinco quilómetros en ruta.

As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na web en www.carreirasgalegas.com.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, lembrou o "gran potencial turístico e ambiental da maior Vía de Verde de Galicia, e ademais un escenario idóneo para a unha proba deportiva coma esta, pensada para facela accesible a todos os públicos e idades" e invitou os afeccionados a inscribirse para participar na carreira do vindeiro 19 de outubro.