Estás en:Novas

A Deputación da Coruña destina 175.000 euros para apoiar a 49 deportistas de alto nivel da provincia

A atleta ribeirense Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, medalla de bronce en París, a lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, o nadador Jacobo Garrido Brun ou o noiés Caetano Horta, entre os bolseiros de Deportes da Deputación deste ano

Ademais de premiar a excelencia dos deportistas, as bolsas pretenden ser unha axuda para que as e os atletas da provincia poidan mellorar a súa preparación e competir ao máis alto nivel

A Deputación da Coruña destina 175.000 euros para apoiar a 49 deportistas de alto nivel da provincia

A Deputación da Coruña, no seu labor de apoio ao deporte coruñés, vén de publicar a concesión definitiva de 49 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destacan en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

Entre as 49 persoas bolseiras figuran deportistas dun amplo abano de disciplinas deportivas: atletismo, piragüismo, remo, vela, natación, boxeo, taekwondo, judo, esgrima, tenis de mesa, badminton, halterofilia, tiro con arco ou triatlón.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que "ademais de premiar o esforzo e a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar con elas e eles para que poidan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel".

"As bolsas da Deputación pretenden ser unha axuda para que estes deportistas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés", apuntou o presidente da institución provincial.

Tamén o deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, destacou a importancia destas axudas "para apoiar o traballo diario das persoas deportistas da provincia e darlles a oportunidade de continuar perfeccionando a súa práctica e de participar en competicións do máis alto nivel, incluso nos Xogos Olímpicos, como acabamos de ver en París".

O deputado sinalou que entre os bolseiros se atopan algúns dos nosos atletas olímpicos e principais talentos deportivos da provincia nas diferentes disciplinas deportivas como a atleta ribeirense Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, gañador da medalla de bronce en París, a lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, o nadador Jacobo Garrido Brun ou o noiés Caetano Horta en remo.

Máis bolsas e máis dotación económica

Leira destacou que o goberno de Valentín González Formoso incrementou nos últimos anos tanto o número como a contía das bolsas: "pasamos de 30 bolsas de 2.500 euros a 49 bolsas de 3.500 euros", afirmou o deputado, que considerou que este apoio "evidencia o compromiso da Deputación cos nosos e as nosas deportistas e a nosa aposta para axudarlles a situar o deporte coruñés á vangarda do deporte galego". Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de ata 32 anos poidan participar na convocatoria.

As bolsas divídense en catro categorías:

Grupo A: 19 bolsas para persoas de entre 12 e 17 anos (concesión provisional)

García Picón, Lucas

Triatlón

3.500,00 €

Romero Rey, Candela

Piragüismo

3.500,00 €

Malov Castro, Alexander

Tenis de Mesa

3.500,00 €

Silo Mengue, Digna Ada

Halterofilia

3.500,00 €

Romero Fernández, Noa

Taekwondo

3.500,00 €

Kim Yuom, San

Esgrima

3.500,00 €

Del Castillo Ramos, Sara

Bádminton

3.500,00 €

Navarro Losada, Sergi

Natación

3.500,00 €

Poncela Peteiro, Inés

Bádminton

3.500,00 €

Couce Insua, Sofia

Tenis de Mesa

3.500,00 €

Abeijon Priegue, Daniel

Taekwondo

3.500,00 €

Fernández-Villarrenaga Fernández, Inés

Judo

3.500,00 €

Videla Miguens,Víctor

Taekwondo

3.500,00 €

López Gonzalez, Borja

Piragüismo

3.500,00 €

Freire Ramas, Maia

Bádminton

3.500,00 €

Rey Cousillas, Daniel

Halterofilia

3.500,00 €

Osayande Imasuen, Johana Emuwanhen

Halterofilia

3.500,00 €

Picos Galceran, Javier

Atletismo

3.500,00 €

Sesar Vila, Carla

Taekwondo

3.500,00 €

Garcia Pernas, Daniel

Halterofilia

3.500,00 €

Grupo B: 14 bolsas para persoas de entre 18 e 23 anos. (Concesión provisional)

Garrido Brun, Jacobo

Natación

3.500,00 €

Fuentefría Sanchez, Ruth

Halterofilia

3.500,00 €

Horta Pombo, Caetano Xose

Remo Olímpico

3.500,00 €

Perez Parrado, Alma Maria

Taekwondo

3.500,00 €

Vázquez Vidal, Brais

Remo

3.500,00 €

López González, Martín

Piragüismo

3.500,00 €

Herrero Baspino, Cesar

Vela

3.500,00 €

Bermúdez De Castro Castro, Carlos

Vela

3.500,00 €

Veiga Perez, Iker

Piragüismo

3.500,00 €

Lata Cagiao, Irene

Piragüismo

3.500,00 €

Boudjenane Liñares, Mateo

Taekwondo

3.500,00 €

Salanova Liste, Adrián

Taekwondo

3.500,00 €

Blanco Tarela, Irene

Halterofilia

3.500,00 €

Montemuiño Martinez, Irene

Taekwondo

3.500,00 €

Grupo C: 14 bolsas para persoas de entre 24 e 32 anos. Concesión definitiva.

Miguéns Sánchez Diego

Piragüismo

3.500,00 €

Reyes Pla Enmanuel

Boxeo

3.500,00 €

Mosquera Rial Adrián

Piragüismo

3.500,00 €

Gaitero Martín Alberto

Judo

3.500,00 €

Martinez Santiago Irene

Halterofilia

3.500,00 €

López Sheriff Estrella

Judo

3.500,00 €

Castro Mariño Victor

Halterofilia

3.500,00 €

Fernández Freire Iván

Piragüismo

3.500,00 €

Peleteiro Brion Ana

Atletismo

3.500,00 €

Alvariño García Miguel

Tiro con Arco

3.500,00 €

Cendán Llorens Andrés

Triatlón

3.500,00 €

Toimil Fernandez Maria Belen

Atletismo

3.500,00 €

Liste Viaño Martin

Halterofilia

3.500,00 €

De Valdés Alvarez Maria

Natación

3.500,00 €

Grupo D: 2 bolsas para deportistas paraolímpicos de 33 anos ou máis.

Vidal Álvarez, Alejandro

Taekwondo

3.500,00 €

Quereda Rodriguez, Almudena

Natación

3.500,00 €