Estás en:Novas
ebibliodacoruna club lector

Nova lectura: "La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas Llosa

O 31 de outubro empeza unha nova lectura no eBiblioDaCoruna Club Lector, na sala "Compartindo lecturas"

Nova lectura:

Nova lectura no Club dixital da Biblioteca Provincial

Nova quenda para a sala "Compartindo lecturas" do Club Lector da eBiblioDaCoruna: "La tía Julia y el escribidor", de Mario Vargas Llosa.
Dispoñible para os seguidores do Club de lectura virtual da Biblioteca Provincial, do 31 de outubro ao 27 de novembro:

  • Moderado por Patricia Cernadas
  • 31/10-27/11
  • "La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas Llosa
  • Accede ao contido e préstate o libro aquí. 

IMPORTANTE: a lectura estará dispoñible dende o 31/10, no apartado CONTIDO do eBiblioDaCoruna Club Lector)

"La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas-Llosa

Vargas Llosa crea unha sátira exquisita da literatura rosa e da novela popular que tanto éxito tivo nos países de fala hispana, á vez que cuestiona a hipocrisía, o racismo e o clasismo da sociedade limeña da época, coa mestría á que xa nos ten afeitos.

Xa no título desta novela de Mario Vargas Llosa recóllese a dobre historia en que se vertebra o seu argumento: por unha banda, a relación amorosa do novo escritor Varguitas cunha muller da súa familia maior que el, a tía Julia; e por outro, a desaforada presenza do folletinista Pedro Camacho na mesma emisora de radio onde Varguitas traballa.

A nobre paixón amorosa entre a tía Julia e o aprendiz de novelista, que a sociedade limeña dos anos cincuenta trata por todos os medios de impedir, combínase nesta novela de Vargas Llosa coas narracións truculentas do folletinista das ondas.

O contrapunto dunha acesa paixón con aires shakesperianos e o seu correlato melodramático e a inesperada confluencia do devoto da alta literatura e o escribidor rastreiro son algunhas claves desta narración maior de Mario Vargas Llosa. A tía Julia e o escribidor reúne o interese dos relatos de aventuras, onde a atención do lector queda suxeita a un final feliz continuamente postergado, e o máis desternillante e grotesco pasatempo, grazas sen dúbida ás divertidas achegas do escribidor Camacho, un dos grandes personaxes do novelista peruano.

«O xénero novelesco non naceu para contar verdades, estas, ao pasar á ficción, vólvense sempre mentiras.»
Mario Vargas Llosa

Lecturas programadas nas salas (outubro a decembro 2024)

Compartindo Lecturas:
La metamorfosis, de Franz Kafka: 3 a 24 de outubro.
La tía Julia y el escribidor, de Mario Vargas Llosa: 31 de outubro a 27 de novembro.
Dos cuentos de Navidad, Fiodor Dostoievski: 12 a 20 de decembro.

Arredor dos libros:
Sonata de otoño, de Ramón Mª del Valle-Inclán: 21 de outubro a 4 de novembro.
Resistencia, de Rosa Aneiros: 28 de novembro a 19 de decembro.

Para participar no club precisas:

- Estar de alta na eBiblioDaCoruna. Dáte de alta aquí

- Ter un dispositivo para ler (ordenador, tableta, móbil).

- Seguir o club.

- Prestarte desde a pestana "Contido" o libro que se está a ler, ou ben telo en papel.

O botón "Prestar" para tomar en préstamo o libro que se vai ler en cada momento aparecerá na lapela "Contido" o día de inicio da lectura de cada libro.

Se aínda tes dúbidas...

Para saber máis sobre o eBiblioDaCoruna Club Lector podes consultar a información dispoñible na páxina web da Biblioteca Provincial: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/

E tamén podemos atenderte a través do enderezo electrónico: biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 080 176