Gañadorxs e entrega de premios do Concurso #HoxeExcriboEn 2024
O xurado do concurso de microrrelatos da Deputación da Coruña decidiu os premios correspondentes á edición de 2024.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro 29 de novembro ás 18:15h, na Biblioteca Provincial.
Estades tdxs convidadxs!
#HoxeEscriboEn 2024: Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña
Xa temos gañadorxs do XII Concurso de Relatos #HoxeEscriboEn 2024, e queremos organizar unha entrega de premios para celebrar con elxs.
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS
O acto de entrega de premios será o día 29 de novembro ás 18:15 h na Biblioteca Provincial (Rúa Rego de Auga 37, 15001 A Coruña).
Estará presidido polo Deputado da Área de Turismo, Xosé Regueira Varela, pola Deputada da Área de Cultura, Natividad de Xesús González Rodríguez, e pola Directora da Biblioteca, Carmen Ferreiro.
Acto aberto ao público.
RESOLUCIÓN DO CONCURSO
ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS #HOXEESCRIBOEN "Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña"
Reunido no Pazo Provincial ás 13:00 horas do día 13 de novembro de 2024 o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial en colaboración coa sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación.
A secretaria informa que se presentaron 126 microrrelatos correspondentes a 45 concellos da provincia da Coruña. Os membros do xurado proceden á análise das obras presentadas. Realízase unha rolda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio
do xurado son os seguintes:
- PRIMEIRO PREMIO: Relato Nº 103 Título: Ecoglita, a rocha ventureira, do que é autora Mónica Rodríguez Romero, referido ao Concello de Cariño
- SEGUNDO PREMIO: Nº110 Título: Amar ata esmorecer, do que é autora María Arcos Cebreiro, referido ao Concello de Rianxo.
- TERCEIRO PREMIO: Nº 72 Título: Radio Fin Da Terra da que é autora Alba Sánchez Ares, referido ao Concello de Fisterra.
O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxecto do concurso, destacando os seguintes aspectos:
Ecoglita, a rocha ventureira, pola súa orixinalidade a calidade literaria; a posta en valor do patrimonio natural no Xeoparque Cabo Ortegal e a historia sobre o patrimonio. O microrrelato destaca polo seu estilo fluído e creatividade.
En Amar ata esmorecer, destacamos a figura de Rafael Dieste e Castelao, dúas figuras imprescindibles da nosa literatura e por ser un microrrelato narrado baixo unha perspectiva de voz feminina, cunha gran calidade literaria onde se reflicte o patrimonio cultural e a historia local de Rianxo.
Radio Fin Da Terra, por ser un microrrelato escrito con ironía e humor ambientado en Fisterra. Un traballo da fin da terra orixinal e cunha adaptación da historia local con toque de humor.
Por último, o xurado destaca a alta participación no concurso con traballos de calidade e acordes á temática e o aumento no número de concellos participantes, nesta ocasión máis da metade dos concellos da provincia da Coruña.
A Coruña, 13 de novembro de 2024.
RELATOS GAÑADORES DO CONCURSO
- PRIMEIRO PREMIO:
Relato Nº 103. Título: Ecoglita, a rocha ventureira, de Mónica Rodríguez Romero (Cariño)
- SEGUNDO PREMIO:
Relato Nº110. Título: Amar ata esmorecer, de María Arcos Cebreiro (Rianxo)
- TERCEIRO PREMIO:
Relato Nº 72 Título: Radio Fin Da Terra, de Alba Sánchez Ares (Fisterra)
SORTEO DE 30 LOTES de produtos gastronómicos
O xurado propón que, dada a calidade xeral dos traballos presentados, se sorteen 30 lotes de produtos gastronómicos da provincia entre os traballos máis valorados polo xurado.
En canto teñamos máis información completarase aquí.