Un centenar de escolares da comarca da Coruña participaron na campaña de esquí da Deputación da Coruña en Asturias
Nenos e nenas dos concellos de Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada participaron na segunda quenda deste ano na estación de Valgrande-Pajares (Asturias)
Seiscentos nenos e nenas da provincia viaxarán este ano á neve coa Deputación da Coruña
Un centenar de nenos e nenas dos concellos de Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada participaron a pasada fin de semana na estación de esquí de Valgrande-Pajares (Asturias) na Campaña da Esquí da Deputación da Coruña.
Trátase da segunda expedición á neve dentro da campaña provincial de 2025, na que participan mozos e mozas de 11 a 15 anos de idade. Con esta proposta, a institución provincial pretende que a rapazada da provincia da Coruña "poda iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí con monitores profesionais, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario", indicou o deputado de Deportes, Antonio Leira, que sinalou que este ano participarán na actividade un total de 600 nenos e nenas de toda a provincia.
Aínda que con pouca neve debido á situación meteorolóxica, a rapazada gozou dunha fin de semana chea de actividades deportivas e culturais e tiveron oportunidade de practicar o esquí. Este venres partirá a Valgrande-Pajares a tecreira quenda, con nenas e nenos dos concellos dos concellos das comarcas de Ferrolterra e Ortegal.