Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Xente ao lonxe, a nova lectura na sala Arredor dos libros

Desde o 31 de xaneiro e ata o 28 de febreiro leremos unha nova obra, dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte:

  • Moderado por Patricia Cernadas
  • Do 31 de xaneiro ao 28 de febreiro
  • Título: "Xente ao lonxe" de Eduardo Blanco-Amor
  • Accede aquí: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/clubs/5c3ddf78b5c073c400760a29/contents/677f82d72104ed608850d2a0
Xente ao lonxe, a nova lectura na sala Arredor dos libros

Estamos a piques de iniciarmos unha nova lectura na sala "Arredor dos libros", dentro do Club de lectura virtual da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Un espectacular mosaico de voces e de historias na cidade mítica de Auria. 
Unha novela na que o autor recrea situacións que reflicten os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX. A aparición desta novela (1972), ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo.

Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas e relatadas con eficaz técnica expresionista. Blanco Amor realizou nesta novela un ambicioso experimento literario no que se combinan 170 personaxes cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panorámica social ao primeiro plano individual.

Alegato en favor dos desherdados, Xente ao lonxe é unha novela total na que se reconstrúe un universo e un tempo.

Edición restaurada

Velaquí unha das grandes novelas corais da literatura galega. A presente edición é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometará á censura na década de 1970. Corenta e dous anos depois o primeiro texto rexorde restaurado; mosaico espectacular de voces, situacións e historias nas que se recrean os grandes cambios sociais de Galicia no transcurso do século XIX ao século XX.

---

Máis información sobre o noso Club de lectura en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/