Estás en:Novas

A Deputación inviste este ano 150.000 euros en subvencións a cinco festivais de arte urbana na modalidade de pintura mural

Repartirán as axudas o Cromático Mural Fest (Cambre), Rexenera Fest (Carballo), Expresa Oleiros Urban Fest, Festival Viladomar (Rianxo) e DesOrdes Creativas (Ordes)

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou a importancia da liña de subvencións: «Contribúen ao potencial da arte urbana, unha disciplina que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica, alcanzando un tipo de visitante que ata hai poucos anos tiñamos esquecido»

A Deputación inviste este ano 150.000 euros en subvencións a cinco festivais de arte urbana na modalidade de pintura mural

O orzamento final do programa DP0040 da Deputación da Coruña, dirixido a concellos da provincia para a realización en 2025 festivais de arte pública urbana na modalidade de pintura mural acada os 149.770 euros, que se repartirán en cinco eventos: o Cromático Mural Fest, de Cambre (35.000 €), o Rexenera Fest, de Carballo (35.000 €), Expresa Oleiros Urban Fest (23.350 €), Festival Viladomar, de Rianxo (21.920 €) e DesOrdes Creativas, de Ordes (34.500 €).

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou a importancia da liña de subvencións: "Contribúen ao potencial da arte urbana, unha disciplina que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica, alcanzando un tipo de visitante que ata hai poucos anos tiñamos esquecido".

"A arte urbana", engadiu, "converteuse nos últimos anos en soporte para a creación artística de cada vez máis municipios da provincia, e parte importante é o apoio que lle prestamos desde a Deputación". O vicepresidente falou tamén de relevancia que teñen este festivais xa non só para o turismo, "senón tamén para as mesmas localidades, pois son quen de rexenerar espazos empobrecidos por políticas urbanísticas nefastas".

Con todo, o máis importante destes festivais para Regueira é que "son quen de xerar identidade; en especial, en concellos urbanos e áreas metropolitanas, algúns de cuxos barrios teñen unha arquitectura máis degradada".