Estás en:Novas

A Deputación financia con medio millón os gastos en 2025 do persoal técnico de normalización lingüística de 39 concellos

Os beneficiarios recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros

"Esta liña é moi importante no noso departamento, pois é unha ferramenta indispensable para mellorar a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social", destaca a deputada de Lingua, Sol Agra

A Deputación financia con medio millón os gastos en 2025 do persoal técnico de normalización lingüística de 39 concellos

A Deputación da Coruña investirá este ano 496.000 euros no programa FONL, de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico dos Servizos de Normalización Lingüística.

Os beneficiarios, que recibirán axudas de entre 18.000 e 20.000 euros, son:

  • Carballo
  • Fisterra e Corcubión
  • Outes
  • Carral
  • Oleiros
  • Ribeira
  • A Coruña
  • Betanzos
  • Muros
  • Pontedeume
  • A Baña e Negreira
  • Abegondo
  • Melide
  • Teo
  • Ames
  • Boiro
  • Rois e Dodro
  • Dumbría e Zas
  • Miño
  • Narón
  • Carnota e Mazaricos
  • Ponteceso
  • Arzúa
  • Comarca de Ordes: Tordoia, Cerceda, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso e Frades
  • Comarca de Ferrol: Ares, Cabanas, Neda e Valdoviño

"Esta liña, dunha área pouco atendida noutras institucións públicas que teñen a posibilidade de lexislar", salienta a deputada de Lingua, Sol Agra, "é moi importante no noso departamento, e unha ferramenta indispensable para mellor a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social, na que a produción cultural, científica e comercial realizada na nosa lingua atopa grandes dificultades para se poder desenvolver con normalidade no país".

Para Agra, "un bo persoal técnico non só resolve dúbidas e mellora a calidade lingüística e comunicativa da administración, senón que nos asesora en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio do galego". "Tamén", engade, "no deseño de programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio do noso idioma". "É, ademais, é fundamental na boa colaboración da Deputación con outros concellos á hora de planificar e executar accións de normalización conxuntas".