Estás en:Novas

A Deputación da Coruña participa na XX edición dos Premios Literarios Rita Suárez Amado

A Deputación da Coruña participa na XX edición dos Premios Literarios Rita Suárez Amado

A deputada de Educación da Deputación da Coruña, Yoya Neira, participou na entrega de premios da XX edición dos Premios Literarios Rita Suárez Amado, organizados polo IES Eusebio da Guarda. O certame, que recoñece o talento literario do alumnado en distintas modalidades e niveis, celebrouse este 21 de marzo como unha homenaxe á figura de Rita Suárez Amado, estudante do centro falecida en 2005, con só 20 anos.
Durante o acto, entregáronse os galardóns aos estudantes premiados nas categorías de relato curto e poesía, pertencentes a distintos centros de ensino . A deputada Yoya Neira felicitou aos gañadores e destacou a importancia da literatura e da creatividade na formación da mocidade. "A literatura é unha ferramenta fundamental para expresar ideas, soños e inquietudes. Ver o talento destes estudantes é unha mostra do potencial que temos na nosa mocidade", afirmou.
No acto participaron también diversas autoridades educativas, docentes e familiares, que acompañaron aos estudantes nunha xornada marcada polo recordo de Rita. A gala concluíu cunha actuación musical e as intervencións institucionais, entre elas a da directora do centro, Mª Isabel Ruso de Lago.