Quen queres ser?
Hoxe é o Día Mundial do Teatro, a Biblioteca Provincial quere celebralo contigo. Personaxes inesquecibles do Teatro e as súas liñas máis célebres, tratarán de facer que te sintas baixo o foco do escenario.

Cando se fala de teatro, algunhas veces veñen á cabeza imaxes dunha personaxe, no medio do escenario, e mesmo algunhas palabras do seu discurso. Iso, precisamente, sería o que tratamos de ofrecerte, a posibilidade de converterte nesa personaxe. Para iso, presentamos unha escolla de grandes obras de teatro, acompañadas das célebres liñas das súas personaxes. Frases, moitas delas, vellas coñecidas... Podes elixir entre liñas seleccionadas para ser interpretadas de maneira individual ou por dúas persoas, a modo de diálogo.
Así, poderás ser quen queiras, por un momento o/a protagonista da escena, ou ben parte do elenco durante o drama completo. Ademais, a interpretación das frases escollidas pode ter lugar na propia Biblioteca, diante do público presente nese momento na sala de préstamo, ou ben nun sitio máis íntimo como a túa casa, no que aproveitar para ler/reler estes clásicos, pois todos eles están dispoñibles para préstamo.
Xa só queda elixir... QUEN QUERES SER!
Obras teatrais seleccionadas:
• Medea (431 a. C.), de Eurípides
• Edipo rey (c. 430 a. C.), de Sófocles
• Lisístrata (411 a. C.), de Aristófanes
• La Celestina (1499), atribuída a Fernando de Rojas
• Romeo y Julieta (1595/1597), de William Shakespeare
• Hamlet (1603), de William Shakespeare
• El perro del hortelano (1610), de Félix Lope de Vega
• Fuenteovejuna (1619), de Félix Lope de Vega
• La vida es sueño (1635), de Pedro Calderón de la Barca
• El alcalde de Zalamea (1651), de Pedro Calderón de la Barca
• El avaro (1668), de Molière
• El enfermo imaginario (1673), de Molière
• Fausto (1808-1832), de Johann Wolfgang von J. W. Goethe
• Don Juan Tenorio (1844), de José Zorrilla
• Cyrano de Bergerac (1897), de Edmond Rostand
• Divinas palabras (1919), de Ramón María del Valle-Inclán
• Luces de bohemia (1920/1924), de Ramón María del Valle-Inclán
• Bodas de sangre (1933), de Federico García Lorca
• Yerma (1934), de Federico García Lorca
• La casa de Bernarda Alba (1936), de Federico García Lorca
• Un tranvía llamado Deseo (1947), de Tennessee Williams
• Historia de una escalera (1949), de Antonio Buero Vallejo
• Os vellos non deben de namorarse (1953), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
• La Gata Sobre el Tejado de Zinc (1955), de Tennessee Williams
• La Fundación (1974), de Antonio Buero Vallejo