Estás en:Novas

Mes do Libro 2025

Benvidos á gran festa da biblioteca. Este ano, decidimos facer do noso Día grande un Mes grande. Que non se che escape ningunha data

Mes do Libro 2025

Programa do Mes do Libro

HoxeEscriboEn_Mocidade: RELATOS PARA VIAXAR POLOS CONCELLOS DA CORUÑA
Gústache escribir? Apúntate ao reto de presentar un microrrelato inspirado na provincia da Coruña, e goza dos premios! 93 concellos... mil historias... e a túa está por contar! Cada vila, cada cidade, cada recuncho da nosa terra garda unha historia. Persoas, lendas, tradicións, misterios, natureza... o teu microrrelato pode levarnos ata alí! Participa e gaña bonos e saídas culturais. Ademais, o teu microrrelato poderá ser adaptado para a realización dunha curtametraxe na que poderá participar o alumnado do teu centro escolar.
Podes consultar toda a información aquí

#140enPositivo
Volve o noso concurso máis inspirador! Buscamos ideas que nos impulsen e melloren no noso día a día, mensaxes positivas, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades. Podes facernos chegar ata un máximo de tres composicións, e lembra que deben ser de creación propia e inéditas. As mensaxes terán unha extensión máxima de 280 caracteres (os espazos contan), e poden estar escritas en galego ou castelán. Podes facernos chegar as túas mensaxes desde o formulario que atoparás na sección Actividades > Concursos

VISITA GUIADA Á BIBLIOTECA
O día 23 de abril, Día do Libro, esperámoste na nosa, xa tradicional, visita guiada matutina. Queres coñecer todos os nosos segredos e pasear polos depósitos? Ensinarémosche as nosas mellores edicións, as curiosidades e os libros máis ocultos.
Data e hora: día 23 ás 12:00h.
Lugar: vestíbulo da biblioteca
Prazas: 15
Inscrición: chama ao 981 080 176 de 8.30h. a 20.30h.

DÍA DAS ARTES CON ISAAC DÍAZ PARDO
Multifacético e poliédrico, Isaac Díaz Pardo acolle na súa figura os perfís de pintor, ceramista, deseñador, arquitecto, escritor e empresario. Na biblioteca facémoslle unha pequena homenaxe. Séguenos nas redes para coñecer máis da súa vida e obra.

EBIBLIODACORUNA CLUB LECTOR E ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA
No club virtual "Compartiendo lecturas" da eBiblioDaCoruna leremos "Donde las mujeres", de Álvaro Pombo do 21 de abril ao 19 de maio
Na sala "Arredor dos libros" leremos "As alumnas", de Paula Carballeira: do 27 de marzo ao 25 de abril. E teremos un encontro virtual coa autora o día 24. Non o perdas!
Lectura: As alumnas
Autoría: Paula Carballeira
Data e hora: 24 de abril as 20:00 h.
Ligazón: https://meet.google.com/hia-bnva-smy
Non esquezas premer "Seguir" na app cando esteas dentro da sala do teu interese.
As salas son accesibles 24 horas e de balde, para calquera persoa de calquera biblioteca da provincia da Coruña

RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Queres saber cales son os libros recomendados polos nosos usuarios? Liches ESE libro? Atopaches un tesouro encadernado? Quedaches esperto ata a madrugada por ser incapaz de deixar de pasar as follas? Déixanos a túa recomendación e busca na biblioteca as dos demais para descubrir lecturas marabillosas.

CLÁSICOS A MEDIDA
Ao noso pantasma Leoncio (todas as bibliotecas teñen a súa pantasma lectora e as súas ratas de biblioteca) encántalle ler clásicos na biblioteca xuvenil: alí o atoparás este mes. Fíxate ben, porque cambia de talla segundo as idades, ao público ao que vai dirixido o libro, desde S a XL. Goza con el dos teus clásicos adaptados.

Leoncio.png

NOVOS CLUBS DE LECTURA DIXITAL
Nas vindeiras datas presentaremos dous novos clubs de lectura temáticos en colaboración coa Área de Políticas de Igualdade de Xénero e a Biblioteca da Deputación. Se tes un pensamento crítico fronte á desigualdade de xénero, este é o teu sitio.
Os clubs estarán moderados por unha persoa cualificada e contan co soporte técnico e dinamización do persoal da área de Igualdade e da Biblioteca da Deputación.
Axiña os atoparás na área "Club de lectura e espazo de aprendizaxe" cando te conectes a eBiblioDaCoruna

OBRADOIROS DE PLASTILINA
3 e 4 anos (10 Prazas). Sábados de 11:30 a 12:30 h
Días: 12 de abril, 24 de maio
5 a 8 anos (12 prazas). Sábados de 11:30 a 13:00 h
Días: 26 de abril: 26 e 31 maio
Reserva de praza (1 nen@ agás irmáns) na Bbtk Infantil ou chama ao teléfono 981 080 174 a partir do martes anterior a cada actividade en horario de 16:00 a 20:00 h.
Cada nen@ deberá estar acompañado de 1 persoa adulta.
Terán preferencia as persoas socias.

OBRADOIRO DE MODELAXE DE PERSONAXES DA LITERATURA INFANTIL NA PROVINCIA
A Biblioteca provincial móvese! Imos a Cambre. Se che gusta a plastilina e a literatura, tes entre 5 e 8 anos e queres pasar un bo intre... Non deixes de pedirlle a un adulto que te acompañe á túa actividade favorita e leva a túa figuriña en plastilina de recordo a casa
Lugar: Biblioteca Central María Pita (Cambre)
Data: sábado, 5 de abril de 2025
Hora: 11:30 h
Duración: 90 minutos
Público: Nenos e nenas de 5 a 8 anos (acompañados dunha persoa adulta)
Prazas: 12 participantes
E se queres repetir, haberá máis actividades en Betanzos, Cambre e Carballo
Podes consultar futuras actividades e lugares aquí