Estás en:Novas
Obradoiro de creación literaria

Carácter e canto: obradoiro arredor da arte cantareira e ciencia da escrita

Cita coa creación literaria na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, a cargo de Estíbaliz Espinosa

Carácter e canto: obradoiro arredor da arte cantareira e ciencia da escrita

A Escola de Escritores da AELG (Asociación de Escritoras/es en Língua Galega), da man da Deputación da Coruña, e a cargo de Estíbaliz Espinosa, ofrecen: 

Carácter e canto: obradoiro arredor da arte cantareira e a ciencia da escrita.

Trátase dun obradoiro de creación literaria, dirixida a persoas adultas, onde...

"saímos do outro lado da música para abordar, ao longo de varias sesións, a escrita ben dun ciclo de poemas completo, presto a ser musicado, ben dunha obra literaria co foco na arte cantareira e a oralidade.

Cada participante sairá cun ciclo poético-literario propio ou colaborativo, listo para ser posto en voz, slam poetry ou lectura dramatizada, así como coas ferramentas para seguir explorando a simbiose entre literatura e son."

Inscrición de balde en:  oficina@aelg.org   ata cubrir as 20 prazas dispoñíbles.

O obradoiro terá lugar na Biblioteca Provincial, os sábados, en horario de 10:30 a 13:30h.

As sesións programadas son:

  • Abril: 26
  • Maio: 3, 10, 24 e 31
  • Xuño: 7, 14 e 21

Agardamos por vos!