Jorge Cagiao logra a terceira vitoria consecutiva no Rallye Cidade de Narón
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou na entrega de trofeos e felicitou ao piloto naronés, que se posiciona líder na clasifación nacional

O piloto naronés Jorge Cagiao, acompañado polo seu copiloto Javier Martínez, proclamouse vencedor do 36º Rallye Cidade de Narón, celebrado este venres e sábado na localidade. A proba, puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto, viu como Cagiao dominaba oito dos dez tramos cronometrados, superando a Víctor Senra por once segundos nunha emocionante loita final.
A entrega de trofeos contou coa presenza de Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, principal institución promotora do evento, e da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, que amosaron o seu apoio ao deporte do motor e felicitaron ao piloto naronés e ao seu equipo.
Formoso felicitou a Cagiao pola súa terceira consecutiva de no rallye da súa cidade natal, consolidando a súa posición como líder da clasificación nacional á fronte do equipo Alpine Recalvi Rally Team.