Estás en:Novas

A Deputación recoñece o labor fundamental das agrupacións de Protección Civil

450 voluntarios participaron en Zas no acto de entrega de premios da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil 

A deputada Cristina Capelán puxo en valor o traballo de Protección Civil "especialmente nos concellos máis pequenos"

A Deputación recoñece o labor fundamental das agrupacións de Protección Civil

A Deputación da Coruña participou hoxe no encontro de agrupacións de Protección Civil celebrado en Baio (Zas), no que participaron máis de 450 voluntarios de toda a provincia. A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, acudiu ao evento en representación da institución provincial, reafirmando o apoio continuo da Deputación ao labor esencial que desenvolven estes colectivos nos concellos.

Durante o acto, foron condecorados 150 persoas voluntarias en diferentes categorías.  Cristina Capelán puxo en valor o traballo altruísta dos voluntarios e destacou a importancia das agrupacións de Protección Civil para garantir a seguridade e o benestar da cidadanía, especialmente nos municipios máis pequenos. A Deputación da Coruña colabora activamente con estas agrupacións mediante diversas liñas de subvención, destinadas á adquisición de equipamentos, formación e mellora das infraestruturas, co obxectivo de fortalecer a súa capacidade de resposta ante emerxencias.