Estás en:Novas

Na mesa redonda “Cúmprense os dereitos culturais da cidadanía?”, xunto á deputada de cultura da Deputación de Lugo; Iria Castro; a María Amado Tena, da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura, e Anxo Lorenzo, director xeral

A Casa de Cultura de Antas de Ulla acolleu este xoves a xornada final do foro que organiza a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG)

A deputada participou na mesa redonda "Cúmprense os dereitos culturais da cidadanía?", xunto á deputada de cultura da Deputación de Lugo; Iria Castro; a María Amado Tena, da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura, e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia

Na  mesa redonda “Cúmprense os dereitos culturais da cidadanía?”, xunto á deputada de cultura da Deputación de Lugo; Iria Castro; a María Amado Tena, da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura, e Anxo Lorenzo, director xeral

A Casa de Cultura de Antas de Ulla acolleu este xoves a xornada final do foro "Acceso á cultura en Galicia" que organiza a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG). A titular da cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, participou no encontro. Concretamente, na mesa redonda "Cúmprense os dereitos culturais da cidadanía?", xunto á deputada de cultura da Deputación de Lugo; Iria Castro; a María Amado Tena, da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura, e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Natividade González comezou afirmando que "cando falamos de dereitos fundamentais, falamos da base da convivencia democrática: igualdade, liberdade, participación e dignidade. Estes dereitos están recoñecidos pola Constitución e polos principais tratados internacionais". Ante a pregunta sobre a que pivotaba a mesa redonda "cúmprense os dereitos culturais da cidadanía?", a deputada fixo un repaso da situación actual: "atopamos desigualdades sociais e económicas que limitan o acceso á educación, vivenda ou saúde... e tamén á cultura. Por outra banda, persisten brechas de xénero, xeracionais e territoriais, que afastan a moita xente da vida cultural. E engadido a isto, a fenda dixital fai que quen non ten acceso ás tecnoloxías quede atrás tamén nos dereitos culturais". En resumo, sinalou, "existe unha distancia entre o dereito recoñecido e o dereito exercido".

A deputada lembrou tamén que "a cultura é un dereito", polo que "precisamos garantías efectivas, políticas públicas fortes e unha sociedade vixiante", para, a continuación, enumerar unha serie de propostas como a creación dun plan cultural para todos os concellos; o establecemento de orzamentos culturais mínimos ou o apoio á formación, entre outras. "En definitiva", apuntou, "non chega con programar actividades. Se o acceso non está garantido, o dereito non se exerce. E acceder non é só asistir: é contar con ferramentas para comprender, apropiarse e transformar os códigos culturais. É sumar capas á nosa mochila cultural".

"Para pechar, gustaríame remarcar dúas ideas", engadiu. "Primeiro: os dereitos culturais interdependentes do resto. Fortalecelos significa consolidar tamén os políticos, civís, sociais, económicos e mesmo os de terceira xeración, ligados á paz, á solidariedade e ao medio ambiente. Segundo: o gran reto do século XXI é afirmar a cultura como dereito humano central: recoñecido, garantido e exercido. Non como adorno, non como luxo, senón como condición de liberdade, dignidade e participación plena".

O proceso
Trátase da xornada final do foro "Acceso á cultura en Galicia 2025", que se desenvolveu entre marzo e maio a través de catro xornadas territoriais que permitiron abordar o dereito á cultura desde distintas perspectivas. O proceso comezou no Pazo de Goiáns (Boiro), cun encontro dedicado á participación cidadá e á presentación de proxectos que exemplifican a implicación comunitaria na creación cultural. Continuou na Casa Vella de Allariz, centrado nas experiencias das comarcas do interior e nos retos do rural; seguiu en Soutomaior, cunha sesión dedicada á comunicación cultural e á visibilidade dos proxectos locais; e concluíu no Museo Pazo de Tor, onde se analizou o acceso á cultura desde unha mirada interseccional, poñendo o foco nas desigualdades derivadas do xénero, da orixe, da clase social, da diversidade funcional e do territorio