Programa RENORED - Proxectos de redes de calor e frío - DATA LÍMITE: 27/02/2026
Convocatoria:
Programas de incentivos a proxectos de redes de calor e frío que utilicen fontes de enerxía renovable - Programa RENORED.
Obxectivos:
Promover o desenvolvemento de redes térmicas (calor e/ou frío) baseadas en biomasa, xeotermia, solar térmica ou outras renovables, reducindo o uso de combustibles fósiles e as emisións de CO₂ e metano.
Diríxese a proxectos de redes novas, ampliacións ou adaptacións de redes existentes.
Entidades beneficiarias:
Calquera das persoas xurídicas, públicas ou privadas, legal e validamente constituídas, que teñan o seu domicilio fiscal en España. Non poderá ser beneficiaria a Administración Xeral do Estado. En particular:
- Programa de Incentivos 1: Dirixido a beneficiarios/as que realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/o servizos no mercado.
- Programa de Incentivos 2: Dirixido a beneficiarios/as que non realicen actividades económicas polas que ofrezan bens e/o servizos no mercado.
Gastos Subvencionables:
- Equipos propios das tipoloxías de actuación obxecto de axuda.
- Sistemas eléctricos, hidráulicos, bombeo, instrumentación e auxiliares asociados e, en xeral, equipamentos electromecánicos.
- Sistemas de control, monitorización e comunicación co centro de control asociado á instalación, incluídas as probas, posta en marcha e ensaios de funcionamento.
- Sistemas de xestión, control e monitorización da demanda de enerxía de instalacións consumidoras.
- Obra civil.
- Transporte e montaxe, posta en marcha, controis de calidade e ensaios das instalacións.
- Elaboración e redacción de proxectos e memorias técnicas.
- Dirección facultativa.
- Coordinación de Seguridade e Saúde da obra e montaxe.
- Ensaios, estudos, sondaxes e probas necesarias para a elaboración do proxecto e dimensionamento da instalación.
- Custos de xestión.
- Informe auditor sobre a conta xustificativa.
- Custos relativos ao cumprimento das obrigacións do principio DNSH.
Contía da Subvención:
Importe máximo da axuda por proxecto:15.000.000 €
T1 Nova central de xeración e nova rede de distribución: Custo elixible unitario máximo en función da fonte de enerxía renovable: entre 1.100 €/kW-2.380€/kW.
T2 Ampliación ou substitución de central de xeración existente: Custo elixible unitario máximo en función da fonte de enerxía renovable: entre 580 €/kW-1.860 €/kW.
T3 Ampliación de rede de distribución e conexións existentes: 520 €/kW.
Intensidade da axuda: Programa de Incentivos 1: 35%; Programas de incentivos 2: 70%.
Porcentaxe de axuda adicional por tamaño de empresa: mediana empresa 5%; pequena empresa 10%.
Porcentaxe de axuda adicional: 5% para proxectos en zonas de reto demográfico e transición xusta.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 21/01/2026 ás 9h ata o 27/02/2026 ás 13h.
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Servicio de Información a la Ciudadanía en Eficiencia Energética y Energías Renovables (SICER)
Email: ciudadano@idae.es
Tlf: 913 146 673
MÁIS CONVOCATORIAS
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo electrónico: nextdeputacion@dacoruna.gal
