Proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais - DATA LÍMITE: 13/02/2026
Convocatoria:
Subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais.
Obxectivos:
As actuacións subvencionables inclúen melloras en iluminación pública; creación, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos e edificios municipais destinados a servizos básicos; construción ou equipamento de instalacións deportivas; recuperación de elementos patrimoniais e da súa contorna; implantación ou mellora de servizos asistenciais (infancia, maiores, dependencia, discapacidade, formación e inserción); reforzo de servizos culturais; creación de centros de servizos e pequenas infraestruturas que impulsen a cooperación e a actividade empresarial no rural; infraestruturas de uso compartido para transformación e comercialización agroalimentaria; e mellora de equipamentos para outros servizos municipais.
As axudas concédense como subvencións directas de capital mediante un procedemento de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias:
Concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter remitido ao Consello de Contas de Galicia as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estea obrigado, antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude de axuda.
- Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e Seguridade Social. Non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia.
- Ter a titularidade ou, a dispoñibilidade, durante un período mínimo de cinco anos dos bens sobre os cales se vai actuar.
Gastos subvencionables:
Construción, adquisición e mellora de inmobles e terreos, obra, maquinaria e bens de equipamento, honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, o IVE, cando non sexa recuperable de acordo coa normativa en materia de subvencións.
Contía da subvención:
A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables, ata o importe máximo de 100.000 € de axuda. As porcentaxes de axuda varían dependendo do tipo de gasto subvencionable.
Son incompatibles con calquera outra subvención, axuda, ingreso ou recurso procedente de administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais, para os mesmos gastos e finalidade.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 14/01/2026 - 13/02/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Teléfono: 981547369
Email: subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
