Estás en:Novas
Fondo de Transición Xusta

Proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas - DATA LÍMITE: 30/04/2026

Proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas - DATA LÍMITE: 30/04/2026

Convocatoria:
Axudas a proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas. Territorio P2 A Coruña.

Obxectivos:
• Concesión de axudas a fondo perdido para o financiamento de proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas de Ordes, Eume e Ferrol ou municipios da Laracha, Carral, Ortigueira, Cerdido ou Mañón.
• Apoiar a transformación ecolóxica da industria, fomentando: a eficiencia enerxética, a economía circular, a mobilidade sostible, a redución de emisións e a transición cara a unha economía climaticamente neutra en 2050.
• Mitigar os efectos sociais, económicos e ambientais derivados do peche das centrais térmicas na provincia da Coruña.

Entidades beneficiarias:
Empresas industriais, entendendo como tales aquelas sociedades mercantís ou agrupacións destas que exerzan unha actividade industrial ou de servizos de apoio industrial.

Gastos subvencionables:
Serán subvencionables investimentos produtivos en activos materiais e inmateriais novos, adquiridos a terceiros non vinculados.
Inclúense:
- Adquisición de terreos (máx. 10 % do investimento subvencionable).
- Obra civil e conceptos inmobiliarios:
◦ Nova construción, reforma ou rehabilitación.
◦ Adquisición de edificacións novas ou usadas.
- Maquinaria e bens de equipamento.
- Hardware e software.
- Instalacións necesarias para a implantación do proxecto.

Contía da subvención:
O importe mínimo do investimento subvencionable será de 10.000.000 €.
Intensidade da axuda: 70% do gasto elixible.
O importe da axuda será determinado en función da modalidade do proxecto e do tamaño de empresa.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: convocatoria aberta ata 30/04/2026 14:00 h.

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Santiago de Compostela
Teléfono: 900 815 151
Correo-e: informa@igape.es

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal