Fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta - DATA LÍMITE: 17/04/2026
Convocatoria:
Axudas en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais.
Obxectivos:
Fomentar a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta (AFXC) de produtores forestais en Galicia e apoiar as xa constituídas e inscritas no rexistro correspondente, a través de dúas liñas:
• Liña I: creación de AFXC (básicas ou con base territorial).
• Liña II: apoio ás AFXC xa creadas e inscritas para novos procesos ou actividades non executadas previamente, orientadas a reforzar a súa actividade e capacidade organizativa, técnica e comercial.
Entidades beneficiarias:
• Liña I (creación de AFXC): asociacións sen ánimo de lucro constituídas para apoio e asesoramento a persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento forestal en Galicia, sociedades civís e comunidades de bens, cooperativas e outras entidades de economía social, sociedades agrarias de transformación, sociedades mercantís reguladas na lexislación de sociedades de capital, sociedades de fomento forestal, outras entidades que teñan por obxecto a recuperación conxunta de terras forestais en Galicia e que desexen inscribirse como AFXC.
• Liña II (apoio): AFXC con base territorial inscritas no Rexistro correspondente ou que teñan solicitada a inscrición (formalizada antes da proposta de resolución).
Gastos subvencionables:
Liña I (creación AFXC produtores forestais):
• I-bas: Identificación iniciativa AFXC básica; gastos tramitación/inscrición entidade; adhesión referentes boas prácticas/modelos silvícolas; inscrición Rexistro Masas Consolidadas Frondosas Autóctonas.
• I-ter: Actuacións iniciais; gastos tramitación/inscrición; revisión parcelario/estado; investigación titularidade; adhesión referentes boas prácticas/modelos; inscrición Rexistro Masas Consolidadas Frondosas Autóctonas.
Liña II (apoio AFXC creadas/inscritas): Revisión/investigación parcelario/titularidade ampliacións; boa gobernanza Sofor; implantación certificacións/servizos ecosistémicos; adhesión referentes boas prácticas/modelos; inscrición Rexistro Masas Consolidadas; gastos xestión/mantemento/representación.
Contía da subvención:
Intensidade da axuda: ata o 100% do investimento total subvencionable.
O importe de axuda que percibirá cada entidade beneficiaria non poderá superar os 51.000 €.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 11/02/2026 - 17/04/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería do Medio Rural
Servizo de Montes de Coruña
A Coruña
Teléfono: 981 184 501
Correo-e: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
