Proxectos colectivos para equipamentos de restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños - 26/10/2026
Convocatoria:
Axudas a proxectos colectivos para equipamentos destinados á restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables.
Obxectivos:
Promover a adquisición de medios materiais para conseguir a recuperación e o correcto funcionamento de espazos de interese pesqueiro e contribuír a unha mellor xestión e conservación dos recursos biolóxicos mariños, incluídas as actividades destinadas á redución da contaminación física e química, as medidas de conservación positivas cuxo obxectivo sexa protexer e conservar a flora e a fauna ou as actuacións destinadas a previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras que poñan en perigo a conservación destes hábitats e especies, e que se centren en hábitats costeiros de importancia para a reprodución dos organismos mariños.
Entidades beneficiarias:
• Confrarías de pescadores e pescadoras
• Entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro
• Organizacións de produtores e produtoras pesqueiras
• Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas ditas confrarías
Gastos subvencionables:
Poderán ser obxecto de subvención os equipamentos para proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños.
a) Adquisición de vehículos tractores para a realización de tarefas de rexeneración.
b) Adquisición de elementos remolcadores para remoción e aradura en zonas de produción de moluscos.
c) Motocultores ou elementos de aradura mecánicos.
Contía da subvención:
O importe máximo subvencionable por proxecto será de 200.000 € (sen IVE) que poderá supoñer ata o 100% do investimento.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 26/09/2026 - 26/10/2026
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico
Servizo de Xestión de Proxectos
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 547 483
Correo-e: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
