Estás en:Novas

A Deputación da Coruña organiza un Obradoiro gratuíto de Cultivo de Shiitake na Biblioteca Provincial

A actividade celebrarase o sábado 28 de novembro de 2026 con 30 prazas abertas ao público en xeral.

Os asistentes aprenderán tanto técnicas tradicionais de cultivo en madeira como métodos para a produción doméstica mediante substratos.

A Deputación da Coruña organiza un Obradoiro gratuíto de Cultivo de Shiitake na Biblioteca Provincial

A Deputación da Coruña acollerá o vindeiro 28 de novembro un obradoiro práctico centrado no Cultivo de Shiitake, unha especie que se cultiva tradicionalmente en Asia dende o ano 600 d.C. 

A iniciativa, que terá lugar nas instalacións da Biblioteca Provincial, nace co obxectivo de achegar o coñecemento sobre o reino dos fungos e promover alternativas sustentables que reduzan a presión sobre a recolección silvestre.

A xornada desenvolverase entre as 09:00 e as 14:00 h e contará cun enfoque teórico-práctico: na parte teórica profundarase na bioloxía fúnxica e na relevancia ecolóxica dos cogomelos, mentres que o bloque práctico ensinará aos participantes a preparar substratos para o fogar e a dominar as técnicas tradicionais sobre troncos de madeira.

O obradoiro é de carácter totalmente gratuíto e está aberto á cidadanía en xeral, cun límite máximo de 30 prazas dispoñibles.

Datos do Obradoiro:

  • Actividade: Obradoiro de Cultivo de Shiitake.
  • Lugar: Biblioteca Provincial da Coruña.
  • Data: Sábado, 28 de novembro de 2026.
  • Horario: De 09:00 a 14:00 h.
  • Prazas dispoñibles: 30
  • Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Preme aquí.
  • Prazo de inscrición: Do 26 de outubro ata o 16 de novembro.
  • Imparte: Miceltia