Estás en:Novas

A Deputación da Coruña e HEVEGA estudan como apoiar a poboación afectada polos terremotos en Venezuela

A deputada Rosa Ana García López, reuniuse este venres con Migdalia Martínez Rojas, presidenta da Hermandad Venezolana de Galicia (HEVEGA), para coñecer as necesidades das familias afectadas polos terremotos de xuño e estudar posibles proxectos de axuda humanitaria.

A Deputación da Coruña e HEVEGA estudan como apoiar a poboación afectada polos terremotos en Venezuela

Martínez Rojas explicou que moitas familias seguen en refuxios temporais e precisan atención médica, alimentos e outros bens básicos. Estas carencias afectan especialmente aos nenos e ás nenas.

García López trasladoulle a disposición da Deputación a estudar propostas concretas que permitan atender estas necesidades sobre o terreo en colaboración con entidades locais venezolanas.