Estás en:Novas

Cristina Capelán e Mar García abordan coa Asociación Cultural Progreso de Buño a mellora do seu espazo de uso social

As deputadas de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, e de Política Social, Mar García Vidal, reuníronse con representantes da Asociación Cultural Progreso de Buño, de Malpica de Bergantiños. A entidade expuxo o seu interese en mellorar o espazo onde desenvolve as súas actividades e en contar con máis recursos para amplialas.

Cristina Capelán e Mar García abordan coa Asociación Cultural Progreso de Buño a mellora do seu espazo de uso social

As deputadas informaron a asociación das liñas de apoio da Deputación da Coruña que poden responder a estas necesidades e explicáronlle como acceder a elas.