Estás en:Campañas Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD)

Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD)

Plan de Sostibilidade Turística en Destino Fragas do Eume

A Comarca do Eume

Situada ao noroeste da Península Ibérica, no norte da provincia da Coruña, está formada polos concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Monfero e Pontedeume. O seu principal elemento vertebrador é o río Eume, que, no seu curso medio e baixo baña o Parque Natural Fragas do Eume, o bosque atlántico mellor conservado de Europa, declarado como tal en 1997.

No ano 1971, o Decreto 2234/1971, do 13 de agosto, declarou á comarca eumesa, Conxunto Histórico e Paraxe Pintoresca, definíndoa como "unha das máis pintorescas de Galicia, pola súa privilexiada situación natural e a abundancia de restos que poñen de manifesto os seus valores históricos".


O PSTD

O PSTD Fragas do Eume pretende mellorar e mesmo crear os equipamentos e servizos turísticos capaces de atender a demanda de produtos turísticos que sexan capaces de xerar as experiencias turísticas que demandan os novos consumidores e que permitan unha correcta e continua xestión do destino.
Estas actuacións teñen como finalidade potenciar a co-gobernanza turística entre todos os implicados no sector, co fin de sentar as bases para a xestión futura do destino. A aposta por unha transición verde e sostible permitirá á Comarca do Eume a superación de retos globais como son o cambio climático e a degradación ambiental, a eficiencia enerxética co fin de reducir as emisións de CO2 e o consumo de enerxía, a transición dixital para poder adaptar a comarca ao cambio social que supuxo e supón a irrupción das novas tecnoloxías e a competitividade, a través dunha aposta polos sistemas de calidade turística e a formación do sector, público e privado.

Descarga o PSTD (PDF) en [ Galego | Castelán ]

Plan de Sostibilidade Turística en Destino Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal


O Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal

Cara ao extremo setentrional da provincia coruñesa, as comarcas de Ferrol e Ortegal custodian e exhiben un patrimonio xeolóxico tan singular que está en proceso de candidatura ante a prestixiosa figura de Xeoparque da UNESCO.
Avalado por numerosos estudos da Sociedade Xeolóxica de España e tamén recoñecido polo ámbito científico internacional, o chamado complexo de Cabo Ortegal é un referente xeolóxico mundial. Ante este contexto, o Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal nace como unha iniciativa de cooperación intermunicipal entre a Deputación da Coruña e os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño.


O PSTD

O PSTD Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal enfócase no deseño e posta en marcha dun produto turístico especializado, enmarcado na candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO, baseado no xeoturismo como eixo condutor sobre o que desenvolver unha estratexia de dinamización e desenvolvemento sostible; así, a partir da excepcional riqueza xeolóxica, natural e cultural do territorio créase un relato diferenciado e integrador sobre o que explorar, desenvolver e promover a relación entre o patrimonio xeolóxico e o resto de recursos e aspectos singulares deste destino.
Todas as accións e programas comprenden actuacións de planificación, rexeneración e valorización do patrimonio singular; proxectos de adaptación ao cambio climático e mobilidade sostible, creación de instrumentos de xestión, gobernanza e participación de actores locais; desenvolvemento de produtos turísticos, mellora da calidade dos equipamentos turísticos do destino e servizo nas empresas; implantación de sistemas de avaliación, recoñecemento e certificación que melloren a competitividade; deseño e posta en marcha de ferramentas de promoción e comercialización, con especial énfase na dixitalización.

Descarga o PSTD (PDF) [ Galego | Castelán ]

Plan de Sostibilidade Turística en Destino Vía Verde Compostela - Tambre - Lengüelle

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle é un dos itinerarios da rede das Vías Verdes española
que, reutilizando antigo trazado ferroviario existente entre as cidades de Santiago de Compostela
e a Coruña, estase acondicionando para a súa posta en funcionamento como ruta de transporte
non motorizado.

O PSTD

O obxecto do presente plan é a dinamización do territorio rural polo que discorre o trazado da Vía
Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, a través da xeración de oportunidades vinculadas co turismo
sostible e a valorización dos produtos locais. Este plan pretende aproveitar a oportunidade que
supón a vertebración do territorio a través desde trazado, integrado no produto Vías Verdes, para
o aproveitamento e a posta en valor dos recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos
concellos polos que discorre, e maximizar así o seu desenvolvemento turístico e socioeconómico
con unha estratexia sólida e participada.

Descarga o PSTD (PDF) en [ Galego | Castelán ]

Plan de Sostibilidade Turística en Destino Os fogóns de Anllóns

A riqueza natural, histórica e gastronómica do territorio do río Anllóns convérteno nun enclave idóneo para a posta en marcha de actividades turísticas. Os fogóns do Anllóns, cos seus pratos de culler, os seus ingredientes da horta e do mar, e a súa tradición culinaria, representan todo o potencial dun territorio, enclavado na Costa da Morte, gracias ao harmónico aproveitamento que da contorna natural tiran as persoas que a ocupan.


O PSTD

O obxectivo principal do presente plan é posicionar aos concellos do Anllóns como destinos de referencia de turismo de natureza e gastronómico. Para a súa consecución, e mediante a colaboración pública-privada, intervirase na recuperación, coidado e dotación de infraestruturas adecuadas ao redor do río que permitan a mitigación de efectos negativos da actividade humana e o cambio climático; deste xeito, acadarase unha mellora do estado do río que permitirá a optimización do aproveitamento dos recursos naturais, culturais e gastronómicos da zona de cara a creación de experiencias turísticas e a incorporación de novos elementos que destaquen a calidade dos produtos e servizos locais.

Descarga o PSTD (PDF) [ Galego | Castelán ]

Plan de Sostibilidade Turística en Destino "Centro histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra"

O nome de Ferrol trae á memoria dúas imaxes icónicas: os seus estaleiros e o seu departamento militar. Dous pivotes sobre os que se desenvolveu desde o século XVIII. Pero esta cidade portuaria ten moito máis que iso. O seu casco histórico foi todo un exemplo para a Europa da Ilustración que logo daría paso a grandes expresións de arquitectura modernista.

Por outra banda, as baterías de defensa militar situadas na costa de Ferrolterra son unha importante parte do seu patrimonio cultural, histórico, arquitectónico e social. Estas caracterizan a súa paisaxe litoral e reflicten a historia local, dando unha identidade única ao territorio. Estes espazos, xunto co casco histórico de Ferrol, son un dos reclamos turísticos máis visitados no destino, tanto por locais como por turistas, que gozan dos restos vivos do seu pasado, rememorando a historia local deste territorio.

O PSTD

O obxectivo principal deste Plan é o de recuperar e poñer en valor o patrimonio histórico e cultural propio da cidade e do litoral ártabro, aproveitándoo como reclamo de turismo sostible na comarca. O presente Plan busca servir de instrumento para dotar dunha visión global, de conxunto a estas instalacións e poder levar a cabo un proxecto en colaboración coas tres administracións locais.

Descarga o PSTD (PDF) [ Galego | Castelán ]

DepCor_cor_horiz.pnglogo-xunta-positivo.pngMICT-Gob.jpgplan-recuperacion-transformacion-resiliencia.pnglogo-next-generation.png

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia  Financiado pola Unión Europea  NextGenerationEU

POLÍTICA PALANCA 5: Modernización e dixitalización do tecido industrial e da peme, recuperación do turismo e impulso a una España nación emprendedora. COMPONENTE E MEDIDA (C14.I1).

Componente 14: “Modernización e Competitividade do Sector Turístico”

Medida:

Inversión 1: Transformación do modelo turístico hacia a sustentabilidade.

Submedida 2: Plans de Sustentabilidade Turística en Destino".