Estás en:Servizos Tributarios Punto de Información Catastral: Listado de Procedementos

Punto de Información Catastral: Listado de Procedementos

A Deputación de A Coruña presta os servicios catastrais autorizados pola Dirección Xeral do Catastro de xeito presencial nas seguintes oficinas en horario de 9 a 14 horas:

  • Ames: Rúa Ameneiral, 18 (Bertamiráns). Os Martes e Venres
  • Arteixo: Avda Arsenio Iglesias, 46 (Polígono de Sabón) De Luns a Venres
  • Arzúa: Rua Pai Pardo s/n. Os Mércores e Venres
  • Betanzos: Rua Pintor Seijo Rubio, 8 (Local 5). De Luns a Venres
  • Corcubión: Praza José Carrera, 1 (Casa do Concello). De Luns a Venres
  • Ferrol: Rúa Naturalista López Seoane, 5-7 Baixo (Esteiro). De Luns a Venres
  • Narón: Praza do Concello s/n. Xuvia. Os Luns e Mércores.
  • Negreira: Avda Castelao s/n. Os Mércores e Venres.
  • Ordes: Rua Ramón Carro Romero, 23. Os Mércores e Venres
  • Ortigueira: Avda. Escola de Gaitas, 39. Os Martes e Xoves
  • Ribeira: Rúa Miguel Rodríguez Bautista, 42. Os Martes e Xoves
  • Santiago de Compostela: Rúa Fernando III o Santo, 9. De Luns a Venres.


Nestas Oficinas ofrécelle aos cidadans a posibilidade de realizar, entre outros, os seguintes trámites electrónicos:

  • Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificación da referencia catastral e consulta da cartografía.
  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polos titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por eles.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  • Servizo de consulta para os titulares catastrais sobre información relativa as solicitudes de axuda da derradeira campaña da Política Agrícola Común (PAC) con relación as parcelas rústicas da súa titularidade declaradas en aquelas solicitudes.
  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais das parcelas colindantes, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería así como por parte de herdeiros e sucesores nos termos establecidos no artigo 53.1 c), d) e e) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, nas condicións fixadas pola Dirección Xeral do Catastro.
  • Servizo de notificación de acordos catastrais, tanto por comparecencia electrónica se o interesado aporta a clave concertada recibida ao efecto, coma por comparecencia presencial ante o Punto de Información Catastral.
  • Servizo de recepción, dixitalización e rexistro de escritos e documentación relativa aos procedementos catastrais ou con incidencia no ámbito de actuación do Catastro Inmobiliario, empregando os sistemas informáticos da Dirección Xeral do Catastro. observando as instrucións, circulares e criterios técnicos e de seguridade ditados pola citada Dirección Xeral.
  • Servizos integrais de información, así coma de asistencia ao cidadán, en particular na confección de declaracións e na utilización do asistente gráfico.
  • Servizo de presentación electrónica de declaracións catastrais no nome do interesado, por funcionario público habilitado para elo.