Información relativa a multas
Ten as seguintes opcións para pedila
Chamando ao teléfono 981415900
Enviando un correo electrónico a atencion.tributaria@dacoruna.gal.
Presencialmente nunha das nosas oficinas(https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte). Pode solicitar cita previa en https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou chamando ao teléfono 981 415 900
Pode pagar a multa coa redución do 50% durante os 20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia. Este pago con redución implica que renuncia a formular alegacións, e en caso de facelas teranse por non presentadas.
Ten un prazo de 20 días naturais desde a data da notificación da infracción, para identificar o condutor. Pódeo facer presentando un escrito:
Telematicamente través de nosa Oficina Virtual Tributaria (acceso libre) ou con certificado dixital, dni electrónico ou Cl@ve na nosa Sede Electrónica
A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo
Presencialmente nunha das nosas oficinas(https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte).Pode solicitar cita previa en https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou chamando ao teléfono 981 415 900
No escrito de identificación teñen que constar unha serie de datos: nº de boletín da denuncia, matrícula do vehículo, nome do condutor, permiso de conducir e domicilio.
Ten un prazo de 20 días naturais desde a notificación da denuncia para presentar un escrito asinado coas alegacións, identificando o número de expediente e os datos do seu titular. Pode presentala:
Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa Sede Electrónica
A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo
Presencialmente nunha das nosas oficinas(https://www.dacoruna.gal/atencion-cidada/canle-atencion/canle-atencion/#Atencion+ao+Contribuinte).Pode solicitar cita previa en https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou chamando ao teléfono 981 415 900
O Concello da Coruña delegou na Deputación só a recadación das súas multas cando xa están con recarga, para solicitar información sobre ela e de como levou a cabo o procedemento sancionador así como se realizou a notificación do inicio ten que poñerse en contacto co Concello da Coruña
(Telefono 981189891 email: sancionestrafico@coruna.gal)
O Concello de Santiago de Compostela delegou na Deputación só a recadación das súas multas cando xa están con recarga, para solicitar información sobre ela e de como levou a cabo o procedemento sancionador así como se realizou a notificación do inicio ten que poñerse en contacto co Concello de Santiago (Telf. 881 599 977 de 8 a 20 h. en horario ininterrompido/981 542 384 de 9 a 14 h.) que é o organismo que xestiona as multas deste municipio.