Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Pago de recibos

Pago de recibos

Pode obter o seu recibo por calquera destas vías:

Máis información en OVT

Pode pagar con tarxeta de calquera entidade bancaria a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou ben, pode realizar o pago en calquera das nosas entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, Santander, Sabadell ou Caixabank).

Pode solicitar un fraccionamento ou aprazamento de pago das súas débedas de cumprir cos seguintes requisitos:

  • O importe da débeda debe ser superior a 100 euros.
  • O número máximo de mensualidades será de 12, no entanto, para débedas superiores a 3.000 euros, este prazo poderá ampliarse ata os 24 meses.
  • O cargo en conta farase mensualmente, o día 5 de cada mes, ou se este é inhábil, o primeiro día hábil seguinte.

Para solicitar o aprazamento ou fraccionamento deberá cubrir o impreso que pode descargar aquí e acompañar copia do DNI e un xustificante bancario de titularidade da conta de cargo (con código IBAN).

Máis información sobre este tema  aquí.

Teléfono de información 981415900

Correo electrónico: atencion.tributaria@dacoruna.gal

Pode presentar a súa solicitude:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria (Oficina Virtual) ou da nosa Sede.Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo



No caso de que se devolva o cargo dalgunha fracción, deberá solicitar, expresamente e o máis axiña posible, o recobro desa fracción, que se incluirá na seguinte remesa de cargos que estea aberta. É posible, por tanto, que nun mesmo mes se fagan dous cargos: un pola fracción que corresponda e outro pola fracción que se recobra.

Esta solicitude pode facela a través do teléfono 981415900 ou do correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal

Pode solicitar un xustificante de pago a través do correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal achegando copia do seu DNI.

Se o solicita en representación do contribuínte deberá achegar esta autorización

Se os recibos pagos están a nome dun contribuínte falecido poderá solicitalos un herdeiro achegando os seguintes documentos:

  • Certificado de defunción

  • Certificado de últimas vontades

  • Testamento ou, na súa falta, declaración de herdeiros

  • DNI do solicitante

Pode solicitar un informe de estar ao corrente no pago coa Deputación Provincial da Coruña con carácter xeral, ou por un imposto ou taxa concreta que recade a Deputación.  

Para iso deberá pagar unha taxa de 4,10€ que pode liquidar e pagar na páxina web ou solicitar que ma envíen por correo electrónico no enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal

Se é un particular, debe enviarnos o xustificante de pago da taxa co seu DNI. Se é un representante dunha sociedade ou dun particular ademais de enviar o xustificante do pago da taxa deberá acreditar a representación para poder solicitar e recibir o informe.

Pode envialo polas seguintes vías:

  • Telematicamente con certificado dixital ou Cl@ve a través de nosa Oficina Virtual Tributaria ou da nosa  Sede Electrónica

  • A través de calquera dos medios de rexistro establecidos na Lei de procedemento administrativo



Si. Os recibos de cobranza periódica notifícanse colectivamente mediante edictos e non requiren de notificación individual. No entanto, en período voluntario, a Deputación da Coruña envía os recibos por correo postal ordinario ao domicilio dos contribuíntes.
Se non os recibe pode solicitalos chamando ao teléfono 981415900 ou a través de correo electrónico a atencion.tributaria@dacoruna.gal.