Oficina de informacion e rexistro
A Oficina de Información e Rexistro ofrece os seguintes servizos:
Como Oficina principal de asistencia en materia de rexistros da Deputación Provincial da Coruña, e conforme a Lei 39/2015, desenvolve as seguintes funcións:
- Recibe, clasifica, rexistra e distribúe toda a documentación recibida, na Deputación da Coruña, presencialmente, por correo postal ou aquela outra que presente a cidadanía a través da nosa sede electrónica.
- Presta asistencia á cidadanía en todos os trámites dirixidos á Deputación da Coruña.
- Dixitalización e rexistro dos documentos presentados de maneira presencial ante as Administracións públicas para a súa incorporación no expediente administrativo electrónico, devolvéndose os orixinais aos interesados, sen prexuízo daqueles supostos nos que a normativa determine a custodia pola Administración dos documentos presentados ou resulte obrigatoria a presentación de obxectos ou de documentos nun soporte específico non susceptible de dixitalización.
- Presta o servizo de rexistro de documentos dirixidos a calquera Administración pública acollida ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
- Facilitar aos interesados ó codigo de identificación do órgano, centro ou unidade administrativa a que se dirixe, se o interesado o descoñece (DIR 3).
- Presta asistencia xeral no uso de medios electrónicos e facilita, cando o interesado non dispoña dos medios electrónicos necesarios, a súa identificación ou firma electrónica no procedemento de que se trate, que poderá ser realizada por un funcionario público (funcionario habilitado) pertencente ás devanditas oficinas. Neste caso, o interesado deberá identificarse ante o funcionario e prestar o seu consentimento para esta actuación, do que deberá quedar constancia para os casos de discrepancia ou litixo.
- Recolle e tramita as queixas e suxestións que a cidadanía desexe presentar por escrito sobre o funcionamento da nosa Oficina o doutro Servizo da Deputación Provincial, ben mediante o formulario dispoñible na web ou ben presencialmente.
Como Oficina de Información da Deputación Provincial da Coruña ofrece:
- Información xeral sobre a misión, estructura e funcionamento da Deputación Provincial da Coruña.
- Información personalizada sobre os trámites e Servizos para a xestión das súas solicitudes.
Como "Espazo e-Point" para a autoxestión electrónica dispón:
- Un "espazo e-Point" para presentar solicitudes dirixidas á Deputación da Coruña. Este espazo conta con postos de autoxestión electrónica con atención de persoal de asistencia, se fose necesaria.
Códigos de identificación de órganos, centros e unidades (DIR3)
A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no seu artigo 66 que as solicitudes que se formulen deberán conter o órgano, centro ou unidade administrativa á que se dirixe e o seu correspondente código de identificación.
As oficinas de asistencia en materia de rexistros estarán obrigadas a facilitar aos seus interesados o código de identificación se o interesado descoñéceo.
Pode descargar a información do Directorio Oficial da Deputación Provincial de A Coruña nos seguintes formatos:
Máis información: Portal Administración Electrónica. Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas (DIR3).
Horario de atención ao público:
De 1 de outubro a 14 de xuño:
Luns a venres: 8.30-14.00h
De 15 de xuño a 30 de setembro:
Luns a venres: 8.30-13.30h
Semana Grande:
Luns a venres: 9.00-13.00h
| | Teléfono: 981 415 000 Correo el.: rexistro.informacion@dacoruna.gal Enderezo: Pazo Provincial Avenida do Porto, 2 - 15003 A Coruña |
O procedemento "Queixas e Suxestións" ten por obxecto articular o dereito dos ciudadans a formular suxestións, expor queixas ou presentar reclamacións ante a Deputación.
- Como e onde facer o proceso
- Que documentación necesito
- A normativa vixente
- Descargar os impresos necesarios
- Iniciar o trámite
Oficina do Plan de Emprego Local (PEL)
Horario:
Martes e xoves de 9.00 a 14.00 horas
Enderezo: Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña (Ver mapa)
Trámites: (Pode realizar os seus trámites telefónicamente chamando ao 981080509 ou a través do correo electrónico pel@dacoruna.gal)
Solicitude de información xeral do PEL e as súas liñas de actuación.
Asesoramento individualizado para a solicitude de axudas e subvencións do PEL.
Apoio técnico na tramitación das axudas.
Apoio técnico na xustificación das axudas concedidas.
Outros datos de interese:
Web: https://pel.gal/
Oficinas de Atención Tributaria:
Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00h
Enderezos:
A Coruña: r/ Archer M. Huntington, s/n Anexo Calvo Sotelo (15011- A Coruña)
A Coruña - Plusvalías: r/ Archer M. Huntington 17 (150011-A Coruña)
Ames: r/ Ameneiral, 18, pt 7 (15220-Bertamirans, Ames) (aberta só os martes e os venres)
Arteixo: r/ Arsenio Iglesias Nº 46 (15142-Arteixo)
Arzúa: Padre Pardo, Edificio Multiusos s/n (15810-Arzúa) (aberta só os mércores e os venres)
Betanzos: Pintor Seijo Rubio, nº 8- local 5. (15300-Betanzos)
Corcubión: Praza de José Carrera, 1 (15130-Corcubión)
Ferrol: Rúa Naturalista López Seoane, 5 (15403-Ferrol)
Narón: Praza do Concello, s/n (15570-Narón) (aberta só os luns e os mércores)
Negreira: Rúa Castelao, s/n 15830 Negreira (aberta só os mércores e os venres)
Ordes: Rúa Ramón Carro Romero, nº 23 (15680-Ordes) (aberta só os mércores e venres)
Ortigueira: Avenida Escola de Gaitas, 39 15330 Ortigueira (aberta só os martes e os xoves)
Santiago: Rúa Fernando III O Santo, 9 (15701-Santiago de Compostela)
Ribeira: Rúa Miguel Rodríguez Bautista, 42 (15960-Ribeira) (aberta só os martes e os xoves)
Trámites:
Altas vehículos (autoliquidacións IVTM): Xestione de forma rápida a autoliquidación para o alta do seu novo vehículo ou rehabilitación. Tamén se quere matricular en España o seu vehículo procedente doutro país.
Autoliquidación de taxas: Axudámoslle a confeccionar as súas autoliquidacións de Vías Provinciais, dereitos de exame, Escola de Danza,.. etc para o seu ingreso a través de entidade colaboradora, caixeiro automático ou tarxeta bancaria.
Cambio domicilio fiscal e outros datos persoais: Modifique os datos personais que axilicen a súa relación tributaria con esta Diputación (domicilio fiscal, e-mail, teléfono, etc.)
Declaración Plusvalía: Presentación da declaración do IIVTNU (Plusvalía) por transmisions de fincas urbanas suxeitas ó imposto.
Domiciliacións: Tramite altas, baixas e cualquera outra xestión relacionada coas súas domiciliacións.
Expediente Executivo (Consultas sobre embargos, pagos, etc): Consulte e xestione cualquera aspecto sobre expedientes executivos abertos ó seu nome (Embargos practicados, Ingresos, contestación a requerimentos, etc.)
Trámites Catastrais: Solicitudes de Certificacións Catastrais, presentación de declaracións segundo os supostos do convenio entre Catastro e Deputación.
Xestións relacionadas con multas: Infórmese sobre expedientes sancionadores ao seu nome (identificación de condutores, pagos con ou sen redución, etc.)
Xustificante con pago realizado/Informe non débeda: Consulte os sus recibos pagados. Obteña xustificantes sobre eles. Informes de estar ao corrente.
Obtención de documento de pago: Documento necesario para efectuar o pago dos seus recibos ou liquidacións.
Presentación de recursos/Documentación requerida: Alegacións ou recursos tributarios. Presentación de documentación solicitada nun requerimento.
Solicitude aprazamento/fraccionamento: Aprazamento/fraccionamento de débedas en período voluntario e/ou executivo.
Solicitude beneficios fiscais (bonificacións, exencións): Bonificación ou exención en impostos coa xestión delegada nesta Deputación.
Solicitude devolución/compensación: Devolución ou compensación de dereitos de devolución.
Oficina Biblioteca Provincial
Horario:
Luns a venres: 8:30-20:30 h.
Sábados: 9:00-14:00 h
Enderezo:
Rúa Riego de Agua, 37 – 15001 A Coruña
Trámites:
Para maiores de 18 anos:
Préstamo para maiores de 18 anos
Carné novo lector para maiores de 18 anos
Información e consultas sobre EbiblioDaCoruna (bibioteca dixital e club de lectura dixital)
Información e consultas bibliográficas maiores de 18 anos
Investigadores fondos especiais
Consultas Hemeroteca
De 0 a 8 anos:
Préstamo de 0 a 8 anos
Carné novo lector de 0 a 18 anos
De 9 a 17 anos:
Préstamo de 9 a 17 anos
Carné novo lector de 9 a 17 anos
Información e consultas menores de 18 anos
