Estás en:Atención á Cidadanía Oficina de informacion e rexistro

Oficina de informacion e rexistro

                             icono cita previa 2.png  icono cita previa como solicciar.png

A Oficina de Información e Rexistro ofrece os seguintes servizos:

Como Oficina principal de asistencia en materia de rexistros da Deputación Provincial da Coruña, e conforme a Lei 39/2015, desenvolve as seguintes funcións:

  • Recibe, clasifica, rexistra e distribúe toda a documentación recibida, na Deputación da Coruña, presencialmente, por correo postal ou aquela outra que presente a cidadanía a través da nosa sede electrónica.
  • Presta asistencia á cidadanía en todos os trámites dirixidos á Deputación da Coruña.
  • Dixitalización e rexistro dos documentos presentados de maneira presencial ante as Administracións públicas para a súa incorporación no expediente administrativo electrónico, devolvéndose os orixinais aos interesados, sen prexuízo daqueles supostos nos que a normativa determine a custodia pola Administración dos documentos presentados ou resulte obrigatoria a presentación de obxectos ou de documentos nun soporte específico non susceptible de dixitalización.
  • Presta o servizo de rexistro de documentos dirixidos a calquera Administración pública acollida ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
  • Facilitar aos interesados ó codigo de identificación do órgano, centro ou unidade administrativa a que se dirixe, se o interesado o descoñece (DIR 3).
  • Presta asistencia xeral no uso de medios electrónicos e facilita, cando o interesado non dispoña dos medios electrónicos necesarios, a súa identificación ou firma electrónica no procedemento de que se trate, que poderá ser realizada por un funcionario público (funcionario habilitado) pertencente ás devanditas oficinas. Neste caso, o interesado deberá identificarse ante o funcionario e prestar o seu consentimento para esta actuación, do que deberá quedar constancia para os casos de discrepancia ou litixo.
  • Recolle e tramita as queixas e suxestións que a cidadanía desexe presentar por escrito sobre o funcionamento da nosa Oficina o doutro Servizo da Deputación Provincial, ben mediante o formulario dispoñible na web ou ben presencialmente.

Como Oficina de Información da Deputación Provincial da Coruña ofrece:

  • Información xeral sobre a misión, estructura e funcionamento da Deputación Provincial da Coruña.
  • Información personalizada sobre os trámites e Servizos para a xestión das súas solicitudes.

 

Como "Espazo e-Point" para a autoxestión electrónica dispón:

  • Un "espazo e-Point" para presentar solicitudes dirixidas á Deputación da Coruña. Este espazo conta con postos de autoxestión electrónica con atención de persoal de asistencia, se fose necesaria.

 Horario de atención ao público:

De 1 de outubro a 14 de xuño:

Luns a venres: 8.30-14.00h

De 15 de xuño a 30 de setembro:

Luns a venres: 8.30-13.30h

Semana Grande: 

Luns a venres: 9.00-13.00h

CALENDARIO OFICIAL 

 foto diputacion maps.jpg

Teléfono: 981 080 300

Correo el.: rexistro.informacion@dacoruna.gal

Enderezo:

Pazo Provincial

Avenida do Porto, 2 - 15003 A Coruña

O procedemento "Queixas e Suxestións" ten por obxecto articular o dereito dos ciudadans a formular suxestións, expor queixas ou presentar reclamacións ante a Deputación.

Dende aquí poderá ver:

  • Como e onde facer o proceso
  • Que documentación necesito
  • A normativa vixente
  • Descargar os impresos necesarios
  • Iniciar o trámite

 

imágenes OS NOSOS SERVIZOS.jpg  imágenes HORARIO E CONTACTO.jpg 
imágenes RESERVA A TUA CITA.jpg  imágenes PORTAL DE TRANSPAERNCIA.jpg
imágenes SEDE ELECTRONICA.jpg  imágenes MEDIATECA.jpg