Preguntas Frecuentes sobre o Portal de Transparencia e Información Pública
O Portal de Transparencia é o instrumento básico e xeral para facilitar á cidadanía o acceso á información pública en cumprimento coa Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno. Dita Lei ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos. A Lei establece as obrigacións de publicación que afectan as entidades públicas para garantir a transparencia na súa actividade e regula o dereito de acceso dos cidadáns á información pública.
Todos os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu soporte ou formato, que obren en poder da administración e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
É o dereito que temos toda as persoas a acceder á información pública nos termos previstos na Constitución (artigo 105. b), desenvoltos por esta lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno ; entendendo como información pública os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu soporte ou formato, que obren en poder da administración e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
En principio, a información máis relevante para o cidadán e de frecuente acceso estará dispoñible no Portal de maneira accesible, reutilizable e interoperable. Se o interesado non atopa a información buscada no portal ou necesita máis detalle pode solicitala exercendo o dereito de acceso á información que é un dereito regulado pola lei de transparencia e bo goberno. Este servizo atópase dispoñible a través da ligazón publicada no Portal de Transparencia.
O dereito de acceso poderá ser limitado, según se indica no artigo 14 da lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, cando acceder á información supoña un prexuízo para:
a) A seguridade nacional.
b) A defensa.
c) As relacións exteriores.
d) A seguridade pública.
e) A prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios.
f) A igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva.
g) As funcións administrativas de vixilancia, inspección e control.
h) Os intereses económicos e comerciais.
i) A política económica e monetaria.
j) O secreto profesional e a propiedade intelectual e industrial.
k) A garantía da confidencialidade ou o secreto requirido en procesos de toma de decisión.
l) A protección do medio ambiente.
A aplicación dos límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou privado superior que xustifique o acceso
A lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno., no seu artigo 18, establece unha serie de supostos de inadmisión a trámite das solicitudes de acceso á información pública:
a) Que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.
b) Referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.
c) Relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.
d) Dirixidas a un órgano en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o competente.
e) Que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia desta Lei.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, establece que a resolución na que se conceda ou denegue o acceso deberá notificarse ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitaron no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Este prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación ao solicitante.
Este prazo pode verse suspendido nunha serie de casos:
- Cando a solicitude non identifique de forma suficiente a información, pedirase ao solicitante que a concrete nun prazo de dez días, con indicación de que, en caso de non facelo, teráselle por desistido, así como da suspensión do prazo para ditar resolución.
- Se a información solicitada puidese afectar a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de quince días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O solicitante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se recibiron as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa presentación.
- Cando a información obxecto da solicitude, aínda obrando en poder do suxeito ao que se dirixe, fose elaborada ou xerada na súa integridade ou parte principal por outro, remitiráselle a solicitude a este para que decida sobre o acceso.