Preguntas Frecuentes sobre Protección de Datos
Por tratamento de datos persoais referímonos a calquera operación ou acción levada a cabo sobre datos persoais, é dicir, sobre aquela información que permite identificar a unha persoa física.
Existen diferentes tipos de tratamento persoais, entre os principais están:
- Solicitar datos persoais (por exemplo, ao encher un cuestionario ou formulario web)
- Rexistrar, organizar e almacenar datos persoais (cando se inclúen nun ficheiro estruturado)
- Modificar datos persoais (cando é necesario cambiar a información persoal gardada)
- Consultar datos persoais (cando acudimos a unha base de datos)
- Publicar datos persoais (por exemplo, listas de admitidos nun colexio)
- Borrar ou destruír datos
A finalidade do tratamento dos datos persoais refírese aos motivos, usos e obxectivos que pensa aplicar o responsable ou encargado do tratamento, respecto a os datos persoais solicitados.
A finalidade responde a unha base legal para o tratamento. É dicir, debe existir unha finalidade que lexitime o tratamento dos datos persoais.
Dito doutro xeito, o principio de finalidade do tratamento dos datos persoais define por que e para que se solicitan os datos dos interesados.
Para máis información sobre a finalidade dun tratamento en concreto, consulte o noso Rexistro de Actividades de Tratamento Rexistro de Actividades de Tratamento
O responsable do tratamento de datos é aquela persoa física ou xurídica ou autoridade pública encargada de decidir sobre o tratamento de datos persoais dos individuos. Encárgase de determinar os fins e medios para o tratamento, así como de establecer as medidas técnicas e organizativas que garantan a seguridade dos datos.
A Deputación da Coruña é responsable de todos os tratamentos de datos de carácter persoal que realice no desenvolvemento da súa actividade propia. Respecto daqueles tratamentos de datos derivados da prestación de asistencia en favor doutras administracións públicas actuará como encargada do tratamento.
O DPD é a persoa encargada de informar á entidade responsable ou ao encargado do tratamento sobre as súas obrigacións legais en materia de protección de datos.Tamén deberá velar ou supervisar o cumprimento normativo, así como cooperar coa autoridade de control e actuar como punto de contacto entre esta e a entidade responsable do tratamento de datos.
A Deputación provincial da Coruña conta cun Delegado de Protección de Datos, con quen se poderá poñer en contacto a través do seguinte correo electrónico: delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.
Os dereitos que calquera cidadán da UE pode exercer sobre os seus datos persoais, están recollidos entre os artigos 13 e 22 do RGPD.
Estes dereitos teñen como fin dar un maior control ás persoas sobre aqueles datos persoais que ceden a organizacións públicas e privadas, así como para evitar que estas ou outras persoas poidan facer uso dos devanditos datos persoais sen consentimento do interesado (titular dos datos persoais) ou un uso indebido ou ilícito.
A normativa de protección de datos permite que poidas exercer #ante o responsable do tratamento os teus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión ("dereito ao esquecemento"), limitación do tratamento, portabilidad e de non ser obxecto de decisións individualizadas