Estás en:Medio Ambiente Axenda 2030

Axenda 2030

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o 25 de setembro de 2015 a Resolución 70/1 "Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible", coñecida como "Axenda 2030". Nesta Resolución recoñécese que o maior desafío do planeta actual é a erradicación da pobreza e afirma que sen lograla non pode haber desenvolvemento sostible.

"Os Xefes de Estado e de Goberno e Altos Representantes, reunidos na Sede das Nacións Unidas en Nova York do 25 ao 27 de setembro de 2015 (....) Estamos resoltos a poñer fin á pobreza e a fame en todo o mundo de aquí a 2030, a combater as desigualdades dentro dos países e entre eles, a construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas, a protexer os dereitos humanos e promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento das mulleres e as nenas, e a garantir unha protección duradeira do planeta e os seus recursos naturais. Estamos resoltos tamén a crear as condicións necesarias para un crecemento económico sostible, inclusivo e sostido, unha prosperidade compartida e o traballo decente para todos, tendo en conta os diferentes niveis nacionais de desenvolvemento e capacidade"

A Axenda 2030 é un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que contén 17 Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible (ODS) e 169 metas específicas, e inclúe unha estratexia para alcanzar estes Obxectivos en 15 anos. Estes obxectivos adoptáronse co propósito de erradicar a pobreza, protexer o planeta,asegurar a prosperidade e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible.

TRANSFORMAR O NOSO MUNDO: A AXENDA 2030 PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE