Oficina Virtual
- Dende o 1 de xuño de 2022, as persoas xurídicas e entes sen personalidade, entre outros, serán notificados de xeito electrónico
Notificación electrónica de tributos e outros ingresos de dereito público
Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica
Dende o 1 de Xuño de 2022, a Deputación da Coruña substitúe, no ámbito dos procedementos tributarios e doutros ingresos de dereito público que xestiona, as notificacións en papel polo sistema de notificación electrónica, de tal xeito que os mencionados suxeitos serán notificados por comparecencia na Oficina Virtual Tributaria (OVT) desta Deputación (https://ovt.dacoruna.gal/) e a través do servizo de notificacións electrónicas da Dirección Electrónica Habilitada Única (DEHú) (https://dehu.redsara.es)
Persoas físicas
As persoas físicas non obrigadas poderán subscribirse voluntariamente a este sistema a
través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) desta Deputación (https://ovt.dacoruna.gal/).
Para máis información, poderá poñerse en contacto cos servizos tributarios da Deputación a través de correo electrónico, no enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal ou
chamando ao teléfono 981415900.
1.- Oficina Virtual Tributaria da Deputación
Trámites na Oficina Virtual Tributaria
2.- Banca Electrónica das entidades bancarias:
Acceso á Banca Electrónica de ABANCA, BBVA e SANTANDER. Deberá ser cliente ou contratar, se non o fose xa, os Servizos de Banca Electrónica dalgunha destas Entidades Financeiras Colaboradoras.
3.- Pago de recibos con tarxeta de calquera entidade bancaria:
Poderá realizar o pagamento a través da plataforma de pago de calquera das entidades seguintes: