Actividades 8 de marzo
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día das mulleres" desde o Servizo de Acción Social, Cultural e Depotes, sección de Servizos Sociais queremos informarvos das actividades postas en marcha:
- Campaña de sensibilización nos medios de comunicación baixo o título "Moito por construír" e acendido da fachada do Pazo Provincial.
- Proxección da curta "A nena azul" de Sandra Sanchez. Proxecto premiado polo concurso "Luisa Villalta" 2018. Actuación musical a cargo de Raiceira e Andrea Pousa. Xoves 7 de marzo as 20h. Teatro Colón.
- Performance contra o Patriarcado. "Semente" Idea orixinal de Neves Seara para casa Morada e a Deputación da Coruña
8 marzo as 12.30. Diante do Teatro Rosalia. A Coruña
17 de marzo as 13.30. Praza da Quintana. Santiago
30 de marzo as 12.30. Praza Amboaxe. Ferrol
- Obradoiros sobre "Feminicidio". Realizaranse 13 obradoiros en colaboración cos Centros de Información as mulleres (CIM´s), da man de Carme Adán autora do libro.O obxectivo é definir e debater sobre a violencia de xénero e diferenciala da violencia doméstica ou intrafamiliar a través da lectura do libro “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”.