Estás en:Servizos Sociais Premios entidades sociais

Premios entidades sociais

1Cartel Boas practicas 22.jpg

Accede ao formulario para asistir á entrega de premios

ENTIDADES PREMIADAS CONVOCATORIA DO ANO 2022

As entidades gañadoras na categoría de proxectos son:

- DOWN CORUÑA co proxecto "Down Experience"

- TEIMA FERROL co proxecto de vida independente "Marcho que teño que marchar"

- ASPANAES co proxecto "Dentisteando"

* Mención honorífica a ASPRONAGA co proxecto "Itinerarios académicos postobrigatorios"

Na categoría de traxectoria:

- ASOCIACION AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

* Mención honorífica á ASOCIACION INTEGRO.

No marco do Plan de Acción Social de Servizos Sociais, e das actuacións en materia de servizos sociais para o ano 2022,  a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña convoca o  Premio de “Boas Prácticas en Servizos Sociais”

Este premio busca recoñecer e premiar o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e que a xuízo desta administración destaquen pola súa labor en defensa dos dereitos da cidadanía e a favor dos grupos máis vulnerables, promovendo un maior benestar social das persoas, grupos e comunidades.

As entidades participantes deberán de desenvolver a súa actividade nalgunha das seguintes áreas:

a) Área de familia, infancia e mocidade.

b) Área de persoas con diversidade funcional.

c) Área de persoas maiores.

d) Área de minorías étnicas e inmigración

e) Área de drogodependencias e outros trastornos aditivos.

f) Área de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Establécense catro premios, dotados con 10.000 € cada un deles, para cada unha das seguintes modalidades:

- PROXECTOS: Concederanse tres premios en metálico de 10.000 euros cada un, aos mellores proxectos, xunto coa entrega dunha distinción simbólica e un recoñecemento público.

- TRAXECTORIA: Concederase un premio de 10.000 euros á traxectoria dunha entidade que destaque pola súa implicación en prol da mellora da vida das persoas.

As Bases do premio publicáronse  no BOP núm 170 do  7 de setembro de 2022, e poden consultarse na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/09/07/2022_0000005518.pdf

O prazo de presentación comenza o día 29/09/2022 e finaliza ás 14:00 horas do día 4 de novembro de 2022.

Toda a tramitación realizarase de forma telemática a través da plataforma Subtel.

HISTÓRICO DO PREMIO

CONVOCATORIA

ENTIDADE

PROXECTO PREMIADO

2021: I PREMIO

ASOCIACIÓN DE PADRES DE PERSONAS CON PARÁLISIS
CEREBRAL (ASPACE)

Talentos Inclusivos

ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO

Proyecto FADAS

ASOCIACIÓN UNIDAD DE TRATAMIENTO DEL ALCOHOL Y CONDUCTAS ADICTIVAS LUIS MIGUEL MORAS

Programa HIXÍA