Tecnofeministas: Cinco voces para construír igualdade dende as redes
"Tecnofeministas: Cinco voces para construír igualdade dende as redes", é unha acción educativa autónoma coa que desexamos seguir apoiando á mocidade no seu papel como axente de cambio, facilitando a mozas e mozos referentes e ferramentas para a creación de discursos alternativos a favor da igualdade de xénero e o respecto á diversidade.
Para levar a cabo a actividade dispoñedes da guía oitoM tecnofeministas onde atoparedes toda a información para desenvolver esta acción, dirixida ao alumnado maior de 14 anos, estruturada en torno a unhas entrevistas en vídeo a mulleres referentes no cruce das TICs e os feminismos, accesibles a través do seguinte enlace.
Convidámosvos á reservar nas vosas axendas un espazo para revisar este material coa mocidade, visionando o vídeo co apoio da guía didáctica e desenvolvendo algunhas das accións recollidas na mesma, compartindo as creacións nas redes co cancelo #MoitoPorfacer