Ben sei que non hay nada
Novo en baixo d'o ceo,
Qu'antes outros pensaron
As cousas qu'ora eu penso.
E ben, ¿para qu'escribo?
E ben, por qu'asi semos,
Relox que repetimos
Eternamente ó mesmo.
"Vaguedás", Follas Novas (1880)
A Deputación da Coruña, por medio da Área de Lingua e en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, quere tamén nesta nova edición festexar o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e no 160 da publicación do seu artigo "Las literatas".
O Festival Rosalía desenvolverase os días 21 e 22 de febreiro de 2026 na praza de Mazarelos, na capela de Santo Agostiño e no Teatro Principal (Santiago de Compostela) e todas as actividades serán de acceso libre até completar a capacidade.
Feira Rosalía
Anteriores edicións

