Recursos para ler, ver, escoitar e mellorar a expresión
Pódese calumniar unha lingua? Hai linguas malas ou boas? Hai linguas bonitas ou feas; útiles ou inútiles? Poden as linguas ser poderosas ou desposuídas?
A lingua galega precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI. Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organizou nos anos 2018, 2019 e 2020 as xornadas Malas linguas, unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do noso idioma.
Un outono cheo de letras é unha campaña de dinamización lingüística da área de Lingua da Deputación da Coruña destinada á promoción do libro e da lectura en galego arredor do Día das Bibliotecas.
A campaña ten dous obxectivos fundamentais:
- Fomentar a lectura e os libros en galego e a importancia destes no desenvolvemento das persoas.
- Apoiar o sector do libro galego e darlles visibilidade aos seus múltiples axentes: escritoras e escritores, editoras, librarías, deseño e ilustración, imprentas etc.
O Cancioneiro galego-portugués, de Domingo Blanco e Carlos Nogueira (textos) e Andrés Meixide (ilustracións)
Malas linguas. Activando falantes para o século XXI (2018-2019)
