Estás en:Novas

Día Internacional dos Museos 2021

Día Internacional dos Museos 2021 Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos, e aínda que a Biblioteca non é un museo xa que non realiza as tarefas propias dos mesmos, sí que é un escaparate á arte, particularmente galega e coruñesa. Así, pódese desfrutar de pezas de arte pictóricas e escultóricas en moitas das salas de uso público. Artistas como Seoane, Lugrís, Granell, Arturo Souto, etc., firman as obras que se poden apreciar na Biblioteca. Anímaste a percorrelas e descubrilas? Deixámosche aquí un vídeo para conmemorar o Día, no que recollemos parte destas obras que te convidamos a ver: [embed]https://youtu.be/SxWPP4uIdEw[/embed]